PARTICIPAR un dos nosos dereitos
Dende o ano 2019, o concello de Moaña puxo en marcha un programa de participación para a Infancia e Adolescencia. Con motivo deste traballo participado dende a comunidade escolar e os órganos municipais, realizáronse dous documentos que como base do traballo que seguiremos facendo nos anos sucesivos.
O servizo de dinamización e promoción da participación infantil ten como obxectivo propiciar a participación e a implicación da cidadanía infantil e adolescente como un elemento clave para o posterior deseño de políticas que afecten ás nenas e nenos, e persoas adolescentes do Concello.
Este proceso participativo, será entendido como unha forma de toma de coñecemento da realidade e de procura de transformación dentro dunha práctica democrática. Por iso desde o Concello estanse dando pasos para construír un sistema local de goberno comprometido cos dereitos da infancia.
PDF – Estudo necesidades infancia adolescencia Moana
PDF – Plan Infancia Adolescencia
Os obxectivos ESPECÍFICOS que se marca este plan serán:
- Promover a participación cidadá de nenos, nenas e adolescentes na vida pública do concello, mediante a reactivación dun órgano estable de carácter consultivo e informativo, e de representación do conxunto da infancia e adolescencia dentro do municipio.
- Tomar en consideración o criterio da poboación infantil e adolescente, realizando as accións oportunas para que sexa tido en conta á hora de deseñar plans, estratexias, etc.
- Construír unha ponte de comunicación entre nenos, nenas e adolescentes e os/as profesionais e representantes políticos.
- Promover a transversalidade nas políticas de infancia a través dunha estrutura de participación que considera todos os ámbitos de xestión local, non só os específicos de infancia e adolescencia (medio ambiente, obras públicas, cultura, patrimonio histórico, igualdade, etc.).
- Impulsar accións e políticas tendentes a favorecer o desenvolvemento integral dos dereitos dos nenos, as nenas e adolescentes.