Saltear al contenido principal

Punto de Información ao Voluntariado (PIV)

Enderezo: Casa da Mocidade. Rúa María Martín s/n Urbanización do Rosal

Teléfono: 986 315457

e-mail: voluntariado@concellodemoana.org

O Concello de Moaña pon a dispor da veciñanza de Moaña este punto de Información ao Voluntariado.

Lei do Voluntariado de Galicia 3/2000

Voluntariado Social. (atención de persoas maiores, menores e discapacitados).

Nesta área traballarase na atención de persoas con doenzas, acompañamento de maiores, axuda  a crianzas con problemas ou en exclusión social. Crearase unha rede de axuda entre Asuntos Sociais e os centros de atención a enfermidades ou de maiores da localidade.

Voluntariado Medioambiental.

Na area de Voluntariado Medioambiental desenvolveremos accións colectivas de posta en valor do patrimonio ambiental, traballarase cos diferentes colectivos  da localidade para facer diferentes accións nesta area e solicitaremos as diferentes administracións formación específica nesta area.

Voluntariado de accións puntuais.

Esta area está reservada para diferentes eventos puntuais que se desenrolen na localidade.

Voluntariado Cultural.

Nesta area queremos ter un listado de persoas Voluntari@s para por a disposición da veciñanza a persoas formadas en idiomas, competentes en disciplinas artísticas e por esa capacidade aos servizo dos intereses da veciñanza.
O PIV ofrecerá formación e asesoramento as persoas voluntarias que soliciten formar parte do censo de Voluntari@s do Concello de Moaña, e encargarase de articular as accións necesarias para desenrolar o Voluntariado na nosa localidade..

Boletín de inscripción

    Nome e Apelidos:

    DNI:

    Enderezo electrónico:

    Teléfono:

    Tipo de Voluntariado:

    Aficións:

    Mensaxe:

    Observacións:

    Observacións: Explica en que che gustaría participar, se tes algunha formación específica que poida ser interesante de cara ao voluntariado (idiomas, formación artística, formación musical, formación mediombiental, experiencia en traballos agrarios ou forestais, especial atención con persoas doentes ou con diversidade, formación en seguridade,