Mobilidade e Accesibilidade

Don Rodrigo Currás Torres

Delegación de Mobilidade, Accesibilidade e Vivenda

Mobilidade e Accesibilidade:

Na área de Mobilidade e Accesibilidade procúrase a humanización e mellora da calidade da urbanización do espazo público, así como a mellora das conexións entre barrios, con afección transversal noutras concellerías.

Dende Mobilidade, concretamente, se procura a mellora das vías (incluíndo a ordenación do tráfico), dos camiños e das sendas municipais, así como demandar doutras administracións melloras en transporte público e melloras nas infraestruturas viarias das que son titulares, en atención ao Plan de Mobilidade Sustentable de Moaña e baixo criterios de oportunidade, para mellorar o servizo aos veciños e veciñas.

Pola súa parte, Accesibilidade promove accións para mellorar a accesibilidade dos veciños e veciñas na rede de infraestruturas e de edificios de uso público, seguindo o mesmo documento e criterios.

Últimas noticias Mobilidade: