Tenda

As Fillas Bravas e o mito de Casandra

4.00

As Fillas Bravas son tres pandeireteiras que cantan coplas e contan contos escoitados ou inventados, con moita retranca e non menos sabedoría.

Esgotado

Categoría:

Descrición de produto

As Fillas Bravas e o mito de Casandra

Domingo 17 outubro ás 19.30 h.

  • Duración da obra: 60′
  • Recomendada para público a partir dos 12 anos.

Compañía

Chévere

SINOPSE E ELENCO

As Fillas Bravas son tres pandeireteiras do lugar de Momán, parroquia de Padrenda, concello de Trabancas, que cantan coplas e contan contos escoitados ou inventados, con moita retranca e non menos sabedoría.

Nesta nova obra, As Fillas Bravas usan as fontes do teatro clásico grego e da música tradicional galega como ferramentas para artellar a súa singular conversa cantada.

As Fillas Bravas e o mito de Casandra é, por un lado, unha obra na que tres mulleres maiores tratan de entender o cambio climático e facerlle fronte aplicando os saberes e a experiencia dunha vida longa no rural. E por outro, é unha obra con perspectiva de xénero á procura de personaxes femininas empoderadas, colocando o foco nunha muller afirmativa, autónoma, creativa e implicada na colectividade.

Por que o mito de casandra?

Casandra, filla do rei de Troia, era tan fermosa que Apolo ofreceulle o don da profecía, se aceptaba converterse na súa amante. Ela aceptou. Pero cando Apolo se lle achegou ela negouse. O deus, ofendido, pensa un castigo exemplar, sen deixar de cumprir a palabra dada: concédelle a Casandra o don de predecir o futuro, co engadido dunha maldición incontestable, ninguén vai acreditar no que ela di. E así foi. Casandra tratou de alertar sobre a verdadera natureza do cabalo de Troia e a caída da cidade en mans do exército grego, pero axiña descubriu que coñecer o futuro non serve de nada se ninguén cre no que dis.

Porque a ciencia é a Casandra actual e o cambio climático o noso Cabalo de Troia

Na actualidade, a maldición de Casandra materialízase nas persoas que se dedican á investigación científica. A ciencia trata de comprender, respectar e actuar acorde coas leis do universo. Busca a verdade sobre o funcionamento da natureza e adianta, mediante modelos conceptuais ou numéricos, as consecuencias da actuación humana. Pero poucas veces se lle fai caso e a comunidade científica ve como a sociedade camiña irremediablemente cara un desenlace que se podería evitar. Un exemplo perfecto disto é o cambio climático, do que a comunidade científica de todo o mundo leva alertando como mínimo desde os anos setenta, sen que ninguén lle conceda a credibilidade que merece.

Por iso, agora fálase máis ca nunca da maldición de Casandra para describir a situación na que se atopa a ciencia respecto da sociedade. Por iso escollemos o mito de Casandra para esta peza das Fillas Bravas sobre o cambio climático.

En escenaPatricia de LorenzoMónica GarcíaArantza Villar

Idea e creaciónChévere

Dramaturxia e direcciónXron

EscritaManuel Cortés

Adestramento musicalInés Portela

GráficaYoseba MP

VídeoLucía EstévezLeticia T. Blanco

FotografíaLeticia T. Blanco

VestiarioChévere Maribel Gómez

Asesoramento lingüísticoRosa Moledo

Unha produción Chévere, co apoio da Agadic/Xunta de Galicia e a colaboración do Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental-SEPA, do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC. Agradecementos: Susana de Lorenzo.