A historia do deporte

Se temos que datar o concepto de “deporte” tal e o coñecemos hoxe en día, podemos dicir que nace en Inglaterra no século XVIII da man de Thomas Arnold, un recoñecido pedagogo que tamén destacou no atletismo. Ademais, Thomas Arnold, foi o encargado de regulamentar algúns dos deportes que coñecemos como o rugby, a carreira ou o fútbol. 

O deporte, por outro lado, axuda ás persoas a manter un peso saudable e reducir o risco de moitas enfermidades. Por iso, esta semana na ludoteca, queremos que os nenos e nenas se convertan en auténticos deportistas.                                                         

  • Luns 2: BALONCESTO (obradoiro e xogo).
  • Martes 3:  FÚTBOL (obradoiro e xogo).
  • Mércores 4:  TENIS (obradoiro e xogo).
  • Xoves 5: LUDO E TECA FAN IOGA (obradoiro e xogo).
  • Venres 6: XOGOS POPULARES (obradoiro e xogo).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).