Medio Ambiente

Dona María Dolores Chapela Pérez

Concellaría de ensino, normalización lingüística, medio ambiente e mobilidade

Medio Ambiente:

O medio que nos rodea non nos pertence. Soamente somos depositarios dun ben que herdamos das xeracións pasadas e que debemos legar ás xeracións vindeiras, a ser posible, en mellores condicións das que o atopamos.

Esa é a nosa responsabilidade e por iso a posta en valor do noso medio natural, de incrible riqueza en Moaña, é a guía do noso labor á fronte da área de Medio Ambiente.

Protexer a nosa ría, os nosos areais e o bosque de ribeira que nos rodea ocupa a nosa acción diaria. Enriquecémola coas actuacións precisas para pór a disposición da poboación moañesa, e visitantes en xeral, todo este valioso patrimonio para o seu uso e aproveitamento de xeito respectuoso.

Igualmente, traballamos para concienciar os veciños e as veciñas da necesidade de adoptar comportamentos sostibles no seu día a día que farán de Moaña un concello punteiro no camiñar ao desexado equilibrio medioambiental.

Consideramos fundamental desenvolver actividades de sensibilización ambiental na poboación escolar, xa que será a xeración do mañá que poñerá en práctica os conceptos e coñecementos adquiridos neste momento.

Somos conscientes de que nesta tarefa contamos con toda a veciñanza moañesa.

Últimas noticias Medio Ambiente:

Skip to content