Praias

Moaña conta con 20 km de costa onde poder gozar de fermosas praias para todos os gustos: extensas, salvaxes, pequenas calas, de augas profundas, etc.
Unha ampla oferta de apracíbeis praias, apenas separadas por breves acantilados e pequenos portos pesqueiros. Son especialmente recomendábeis polas súas características as da Xunqueira e O Con.
Praia do Con
Praia da Xunqueira
Ver Fotos

Praia do Con
Praia Urbana de fácil acceso e de gran beleza. A continuación do porto de Moaña atopámonos coa praia do Con, un areal de cor Tostada, o cal delimita á súa dereita coa Punta de Cortés.
Ver Fotos

Praia da Xunqueira
Praia urbana cun amplo parque de recreo moi ben conservado, e abundante céspede. Atópase no núcleo urbano de Moaña a escasos metros da estrada xeral e amplo aparcadoiro. Grandes bancos de area e coa marea baixa é ideal para o paseo.
Praia do Canaval
Praia de Domaio
Ver Fotos

Praia do Canaval
O nome de “praia dos Alemáns” vénlle a esta praia porque, segundo contan os pescadores, serviu de refuxio a un grupo de soldados alemáns durante a Segunda Guerra Mundial. O seu nome é a do Canaval. É unha praia dunha extraordinaria beleza, tranquilidade e valores naturais.
Ver Fotos

Praia de Domaio
Unha vez superada a ponte de Rande, seguindo a Estrada C-550 bordeando a ría de Vigo, atopámonos coa praia de Domaio cun pequeno porto pesqueiro, en fronte desta poderemos gozar da paisaxe das bateas de marisco situadas a pouca distancia da costa. Atopámonos nesta situación cerca do Club de Golf Domaio, desde o cal obteremos tamén unhas fabulosas vistas da Ría.
Praia de Meira
Praia Niño do Corvo
Ver Fotos

Praia de Meira
Esta praia xunto á de San Bartolomeu desenvolven un corredor que une a illa de San Bartolomeu (hoxe en día península) a través dunha estrada. É esta unha das poucas praias onde poderá observar a construción das bateas (plataformas de madeira e flotadores utilizadas para o cultivo do mexillón e ostras), as cales verá dispersadas por todo o litoral do Morrazo.
Ver Fotos

Praia Niño do Corvo
Unha excelente praia; o acceso peonil desta presérvaa aínda da masificación común en case todas as praias de acceso rodado.