Ensino

Dona María Dolores Chapela Pérez

Concellaría de ensino, normalización lingüística, medio ambiente e mobilidade

Ensino:

O Goberno de Moaña defende un modelo de ensino público, inclusivo, centrado na realidade galega e que forme individuos coñecedores dos seus dereitos e deberes e da súa realidade máis próxima. O ensino debe contar tamén cos necesarios servizos complementarios.
Moaña conta cunha rede de ensino público formada por doce centros dos niveis de Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional. O Concello, a través do Consello Escolar Municipal que se reúne trimestralmente, coordina as necesidades e demandas da comunidade educativa moañesa. A través del impúlsanse as seguintes iniciativas::

  • Plan Madruga, subvencionado polo Concello e promovido polas ANPAS, que permite almorzo e atención educativa a todos os escolares de 3 a 12 anos desde as 7:30h.
  • Programa Aprende Moaña de actividades complementarias para os centros de ensino, con máis de 90 accións para todos os niveis de ensino obrigatorio que teñen como obxectivo que o alumnado coñeza e poña en valor o seu contorno máis próximo: a nosa historia e tradicións, as nosas principais actividades económicas, os nosos recursos naturais e os propios servizos que ofrece a administración municipal.
  • Programa de matemento, conservación e vixilancia dos centros públicos de infantil e primaria, priorizando as actuacións que inciden na seguridade do alumnado.
  • Actuacións de mellora nos centros públicos.

Últimas noticias Ensino:

Ir o contido