Mobilidade:
Na área de Mobilidade procúrase a humanización e mellora da calidade da urbanización do espazo público, así como a mellora das conexións entre barrios, con afección transversal noutras concellerías.
Dende Mobilidade, concretamente, se procura a mellora das vías (incluíndo a ordenación do tráfico), dos camiños e das sendas municipais, así como demandar doutras administracións melloras en transporte público e melloras nas infraestruturas viarias das que son titulares, en atención ao Plan de Mobilidade Sustentable de Moaña e baixo criterios de oportunidade, para mellorar o servizo aos veciños e veciñas.