Xunta de Goberno local

Composición

A Xunta de Goberno Local do Concello de Moaña, como órgano colexiado de carácter necesario, quedará integrado por:

  • Alcaldesa: Leticia Santos Paz
  • Concelleiros/as:
    • María Ortega Iñarrea
    • Xosé Daniel Costas Currás
    • María Dolores Chapela Pérez
    • Xosé Xoán Melón González
    • Jorge Parcero Rodríguez

Sesións

A Xunta de Goberno celebrará sesión ordinaria, semanalmente, os luns ás 16 horas e 30 minutos. Queda facultada a Alcaldía para alterar a data de celebración das sesións da Xunta de Goberno Local que coincidan con Semana Santa e Nadal, como consecuencia dos períodos de vacacións, cando non menoscabe a xestión dos asuntos municipais, así como para pospoñer ou adiantar a realización das sesións ordinarias da citada Xunta, dentro da mesma semana da súa realización, cando o día fixado sexa festivo.

Competencias

A Xunta de Goberno Local asumirá as funcións de asistencia e asesoramento á Alcaldía que lle atribúen directamente os artigos 23.2 da LRBRL e 53.1 do ROF, así como as que lle atribúan directamente as leis, e por delegación de Alcaldía asumirá as seguintes atribucións, sen perxuicio da súa avocación en calquera momento, segundo o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común:

  • Aprobar a oferta de emprego público de acordo co orzamento e a plantilla aprobados polo Pleno, aprobar as bases das probas para a selección do persoal, e para os concursos de provisión de postos de traballo.
  • A contratación do persoal que precise da constitución de tribunais selectivos.
  • A concesión de axudas sociais do persoal municipal e cambios nas situacións administrativas deste persoal.
  • A concesión de licenzas urbanísticas, a declaración de caducidade destas licenzas e a remisión de informes urbanísticos a outras administracións. A aprobación das liquidacións correspondentes aos ingresos de dereito público que se deriven do outorgamento de licencias urbanísticas.
  • As aprobacións de instrumentos de planeamento de desenrolo do planeamento xeral non expresamente atribuídas ao Pleno, así como as dos instrumentos de xestión urbanística e dos proxectos de urbanización.
  • A concesión de licenzas de apertura e actividade e a declaración da súa caducidade. aprobación das liquidacións correspondentes aos ingresos de dereito público que se deriven do outorgamento de apertura de establecementos.
  • As contratacións e concesións de toda clase, cando o seu importe non supere o 10 por 100 dos recursos ordinarios do presuposto nin, en calquera caso, os 6.000.000,00 €, incluídas as de carácter plurianual cando a súa duración non sexa superior a catro anos, sempre que o importe acumulado de todas as anualidades non supere nin a porcentaxe indicada, referido aos recursos ordinarios do presuposto do primeiro exercicio, nin a contía sinalada.
  • A aprobación dos proxectos de obras e servizos da súa competencia para a contratación ou concesión destes e estean previstos no presuposto.
  • A adquisición de bens e dereitos, cando o seu valor non supere o 10 por 100 dos recursos ordinarios do orzamento nin os tres millóns de euros, así como o alleamento do patrimonio que non supere o porcentaxe nin a contía indicados nos seguintes supostos:
    • A de bens inmobles, sempre que estea prevista no orzamento.
    • A de bens mobles, salvo os declarados de valor histórico ou artístico cuxo alleamento non se encontre previsto no orzamento.
  • A solicitude de subvencións para obras, actividades ou servizos municipais, que expresamente requiran acordo da Xunta de Goberno Local e competencialmente non estea atribuída ao Pleno da Corporación, sen prexuízo de que a Alcaldía efectúe por exclusión as demais solicitudes, ou ben por razóns de urxencia, a Alcaldía efectúe estas actuacións dando conta á Xunta de Goberno Local.
  • A resolución de expedientes de responsabilidade patrimonial do Concello.
  • A aprobación da convocatoria e a resolución de concesión de subvencións outorgadas polo Concello.
  • A concesión de licenzas de cans de raza perigosa e a súa inscripción no rexistro.
  • A aprobación da inscripción de asociacións no Rexistro Vecinal.
  • A aprobación de altas e baixas, adopción de acordos de inscripcións e xestión dos servizos municipais (ludoteca, escola de música, adctividades da terceira idade…)
  • A concesión dos vados de vehículos.
  • A concesión de autorizacións e permisos da praza de abastos, mercado e venda ambulante.
  • A aprobación de sinalizacións e a adopción de medidas de reordenación do tráfico en vías de competencia municipal.
  • A concesión, transmisión ou modificación de licenzas de auto turismo.
  • A aprobación de certificacións de obras e suministros.
  • A autorización e disposición de gastos da súa competencia, con excepción dos gastos de persoal. A aprobación de facturas e o recoñecemento das obrigas, excepto nos capítulos I de gastos de persoal, III de xuros e gastos financieros e IX de pasivos financeiros.
  • A concesión de aprazamentos e fraccionamentos de ingresos públicos.
  • A aprobación de liquidacións dos tributos municipais.
  • A aprobación de padróns fiscais de impostos, taxas e prezos públicos.
  • A resolución dos expedientes de devolución de fianzas e depósitos.
  • A adopción de acordos de devolución de ingresos indebidos ou excesivos.
  • A adopción de acordos de compensación de débedas e créditos.
Skip to content