Pleno
O pleno é o órgano de máxima representación política da cidadanía no goberno municipal. Está integrado polos concelleiros/as e presidido pola Alcaldía ou Tenente de alcalde ou alcaldesa en que delegue.
Controla e fiscaliza aos órganos de goberno, exerce a potestade regulamentaria e orzamentaria e demais atribucións que lle outorgan as leis. Corresponde ao Pleno o exercicio das atribucións sinaladas no artigo 123 da lei de Bases de Réxime Local.
As sesións do Pleno son públicas. Poden ser de dúas clases:
- Ordinarias: celébranse con periodicidade mensual, o último xoves de cada mes, comenzando ás 20 horas.
- Extraordinarias: poden ser ademais urxentes: convócanse e celébranse na forma que a normativa vixente determina.