Xirarei cos bolechas

Xirarei cos bolechas

No proxecto XIRAREI COS BOLECHAS o Concello de Moaña xuntou a dez músicas e músicos vinculados coa nosa vila para crear cinco temas ao redor do libro “Os Bolechas van a Moaña” de Pepe Carreiro (Ed. Bolanda, 2018). Podes comprar o libro na nosa tenda virtual.
Preténdese achegar ás crianzas un recurso atractivo, divertido, na nosa lingua e moi, moi moañés.
Nestes cinco temas, unidos nun audiovisual, aparecen persoas, lugares e momentos representativos do noso concello que servirán ás crianzas e ás súas familias para coñecer mellor a esencia de Moaña.

O proxecto está coordinado por María Faltri e Jorge Juncal, parella musical veciña de Tirán, responsables tamén da creación dun dos temas e da gravación e produción de todos eles. Nel tamén participan outras importantes músicas e músicos vinculados con Moaña: Anxo Lorenzo, a asociación María Fumaça, Magín Blanco, Wöyza e a banda formada por Max Gómez, Juansi Santomé e Juanma Ons. Tamén colabora A Panda de Tirán.
Os videoclips de cada tema foron creados por Andrés Hermelo, responsable tamén do audiovisual narrado pola actriz Iria Pinheiro.

Audiovisuais do proxecto Xirarei cos Bolechas

Xa están aquí os audiovisuais do proxecto Xirarei cos Bolechas.

Os Bolechas chegan a Moaña – Magín Blanco

O tema “Os Bolechas Chegan a Moaña” forma parte do proxecto XIRAREI COS BOLECHAS. Nel o Concello de Moaña xuntou a dez músicas e músicos vinculados coa nosa vila para crear cinco temas ao redor do libro “Os Bolechas van a Moaña” de Pepe Carreiro (Ed. Bolanda, 2018).

As Mariscadoras – María Fumaça

O tema “As Mariscadoras” de María Fumaça forma parte do proxecto XIRAREI COS BOLECHAS. Nel o Concello de Moaña xuntou a dez músicas e músicos vinculados coa nosa vila para crear cinco temas ao redor do libro “Os Bolechas van a Moaña” de Pepe Carreiro (Ed. Bolanda, 2018).

Intercéltico do Morrazo – Anxo Lorenzo

O tema “Intercéltico do Morrazo” de Anxo Lorenzo forma parte do proxecto XIRAREI COS BOLECHAS. Nel o Concello de Moaña xuntou a dez músicas e músicos vinculados coa nosa vila para crear cinco temas ao redor do libro “Os Bolechas van a Moaña” de Pepe Carreiro (Ed. Bolanda, 2018).

Xirarei – Wöyza

O tema “Xirarei” de Wöyza, acompañada por Max Gómez, Juansi Santomé e Juanma Ons, forma parte do proxecto XIRAREI COS BOLECHAS. Nel o Concello de Moaña xuntou a dez músicas e músicos vinculados coa nosa vila para crear cinco temas ao redor do libro “Os Bolechas van a Moaña” de Pepe Carreiro (Ed. Bolanda, 2018). O vídeo foi realizado polo moañés Andrés Hermelo.

Rechouchío – María Faltri e Jorge Juncal

O tema “Rechouchío” de María Faltri e Jorge Juncal forma parte do proxecto XIRAREI COS BOLECHAS. Nel o Concello de Moaña xuntou a dez músicas e músicos vinculados coa nosa vila para crear cinco temas ao redor do libro “Os Bolechas van a Moaña” de Pepe Carreiro (Ed. Bolanda, 2018). O vídeo foi realizado polo moañés Andrés Hermelo.

Os Bolechas van a Moaña – conto narrado

Narración do conto “Os Bolechas van a Moaña” de Pepe Carreiro (Ed. Bolanda, 2018) por parte da actriz Iria Pinheiro.
Este vídeo, xunto cos cinco temas musicais que nel aparecen, forma parte do proxecto XIRAREI.

Ir o contido