Padron de habitantes
Segundo dispón a Resolución do 30 de xaneiro de 2015, do Presidente do Instituto Nacional de Estatística e do Director Xeral de Coordinación de Competencias coas Comunidades Autónomas e as Entidades Locais, pola que se dictan instrucións técnicas aos Concellos sobre a xestión do Padrón municipal:
O Padrón municipal é o rexistro administrativo onde constan os veciños dun municipio. Os seus datos constitúen proba da residencia no municipio e do enderezo habitual no mesmo. As certificacións que dos devanditos datos se expidan, terán carácter de documento público para todos os efectos administrativos.
TAXA POR ELABORACIÓN DE CERTIFICADOS: – Certificado de empadroamento, residencia, convivencia de menos de 3 anos: 1,20 € – Certificado de empadroamento, residencia, convivencia de máis de 3 anos: 3,01 € – Certificado de bens, policial, urbanístico e outros: 1,50 € VOLANTES DE EMPADROAMENTO, RESIDENCIA, CONVIVENCIA: gratuito (soamente é válido a efectos informativos). Certificados e Volantes teñen unha validez de 3 meses dende a súa expedición.
Toda persoa que viva en España, está obrigada a inscribirse no Padrón do municipio no que resida habitualmente. Quen viva en varios municipios, ou en varios enderezos dentro do mesmo municipio, deberá inscribirse unicamente no que habite durante máis tempo ao ano. Documentación necesaria para ALTA NO PADRÓN procedente doutro municipio ou país: – Documentación de acreditación de identidade (só para altas) Orixinal e copia de documento de identidade (DNI, NIE, PASAPORTE) da/das persoa/persoas que se van a empadroar. En caso de menores de idade, e de carecer estes de DNI, NIE ou PASAPORTE, os seus datos de identificación acreditaranse mediante Libro de Familia ou Certificado de Nacemento. – Documentación acreditativa do enderezo de residencia (tamén para CAMBIOS DE ENDEREZO) EN CASO DE QUE A VIVENDA SEXA PROPIA: Documentación que acredite a propiedade da vivenda onde vai empadroarse (escritura, recibo de IBI, ou calquera outro recibo de subministro ao seu nome: auga, luz, etc) EN CASO DE QUE A VIVENDA SEXA DE ALUGUER: Contrato vixente de arrendamento de vivenda para uso de residencia habitual acompañado do derradeiro recibo de aluguer. EN CASO DE QUE A VIVENDA SEXA DUN FAMILIAR OU PRESTADA: autorización do propietario da vivenda ou persoa empadroada na mesma, con fotocopia do seu DNI, NIE ou PASAPORTE. Documentación necesaria para CAMBIO DE ENDEREZO DENTRO DO MESMO MUNICIPIO: – Deberá demostrar a titularidade da vivenda, presentar contrato de aluguer ou autorización do propietario do enderezo onde se vai empadroar, con fotocopia do DNI/NIE/PASAPORTE do propietario (se procede). Se, con ocasión destes empadroamentos, a Administración municipal advertise que as personas que figuran empadroadas nese enderezo abandonárono, aceptará o empadronamento dos novos residentes na vivienda conforme ao procedemento ordinario, e, simultaneamente, iniciará expediente de baixa de oficio no seu Padrón das persoas que xa non habitan nese enderezo.
Empadroamento en establecementos colectivos. Cando a alta ou cambio se produza nun establecemento colectivo (cuarteis, residencias, etc.), a autorización deberá ser subscrita pola persoa que ostente o enderezo do mesmo.
Empadroamento de persoas sen enderezo
As infravivendas (chabolas, caravanas, covas, etc. e incluso ausencia total de teito) poden e deben figurar como enderezos válidos no Padrón. O criterio que debe presidir esta decisión ven determinado pola posibilidade ou imposibilidade de dirixir á persoa empadroada unha comunicación ao enderezo que figure na súa inscripción.
Documentación necesaria para a BAIXA NO PADRÓN de habitantes:
As baixas no padrón de habitantes, só se poderán realizar por falecemento, cambio de municipio, ou de oficio.
Baixa por falecemento
Farase de oficio polo Rexistro Civil, aínda que non se reflectirá no sistema informático ata pasados como mínimo 3 meses. En caso de ter que realizar algún trámite antes dese prazo, deberá aportar orixinal ou copia do certificado de defunción correspondente.
Baixa por cambio de municipio
Non deberá realizar ningún trámite no municipio que abandona, pois o Padrón de habitantes do novo concello xa se encargará de transmitir a súa alta ao municipio de orixe.
Baixa de oficio
Cando desexe dar de baixa a alguén que xa non reside no seu enderezo, deberá acreditar que vostede é titular do inmoble ou titular do contrato de aluguer e encher o impreso correspondente. Unha vez se tramite o expediente, darase conta ao Consello de Empadroamento, que será o que dictamine se se procede á baixa ou non, da persoa indicada.