Benestar Social

Dona María Ortega Iñarrea

Delegación de Muller e Benestar Social

Benestar Social:

A atención á toda a veciñanza coa finalidade de mellorar a súa calidade de vida é o obxetivo estratéxico nesta área de actuación. Con este fin desenvolvemos e executamos programas de intervención social: prevención da exclusión, atención a emerxencia social, programas de dinamización social e cohesión comunitaria, programas de atención a persoas maiores e a persoas dependentes e programas de promoción da saúde. Na área de Servizos Sociais tamén se inclúe o servizo de ludoteda así como todos os programas de atención a infancia e escola de pais e nais.

O persoal técnico da área ofrece á toda a cidadanía información relativa a prestacións, axudas e servizos que o Concello de Moaña pon a disposición da veciñanza para a mellora da súa calidade de vida así como do benestar do individuo e da comunidade.

Correo de contacto:
mariaortega@concellodemoana.org

Últimas noticias Servizos Sociais:

Video Actuacións para a Pronoción da Igualdade