21/04/2025

A lectura é unha ferramenta poderosa que nos permite viaxar a outros mundos, coñecer realidades diferentes e estimular a imaxinación. Ler non só enriquece o vocabulario e mellora a comprensión, senón que tamén axuda a desenvolver o pensamento crítico e a empatía. Esta semana na ludoteca, a través de actividades creativas e con relación ao Día do Libro que é o mércores 23 de abril, exploraremos o pracer da lectura e descubriremos o valor de mergullarse nas páxinas dun libro. O noso obxectivo é fomentar o gusto pola lectura dun xeito lúdico e participativo.

  • Martes 22: DOOBLE DOS CONTOS (xogo de mesa).
  • Mércores 23: TÍTERES DE DEDO (obradoiro).
  • Xoves 24: MARCAPÁXINAS (obradoiro).
  • Venres 25: ESCAPE ROOM (xogo de pistas).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).