Novas

18 Set
0

PROGRAMACIÓN 1º TRIMESTRE 2025/2026

Despois de estar durante este días coa limpeza xeral, memoria e programación, inventario… a partir do luns 21 de setembro, abrimos a ludoteca de novo para dar comezo ao curso escolar 2026/2027 no seu horario habitual de tarde: de 16:00 a 20:00 horas.

Seguiremos sendo un espazo educativo no que as crianzas aprenden ao mesmo tempo que xogan. O xogo permitiralles aprender e fortalecer habilidades sociais, traballar coas emocións, favorecer a comunicación e a socialización, fortalecer a autoestima e autonomía, fomentar a empatía…

Durante o trimestre realizaremos actividades diferentes e divertidas entorno ás seguintes temáticas:

  • Do 21 ao 25 de setembro: E XA COMEZA O OUTONO!
  • Do 28 de setembro ao 2 de outubro: LUDO EN ORDE: MISIÓN IMPOSIBLE
  • Do 5 ao 9 de outubro: ENTRE LETRAS ANDA O XOGO
  • Do 13 ao 16 de outubro: UN PASEO POLO MUNDO
  • Do 19 ao 23 de outubro: O CAMBIO CLIMÁTICO
  • Do 26 ao 30 de outubro: O SAMAÍN
  • Do 2 ao 6 de novembro:AS NOSAS FORTALEZAS
  • Do 9 ao 13 de novembro: SEMANA ESPACIAL
  • Do 16 ao 20 de novembro: SOMOS INFANCIA
  • Do 23 ao 27 de novembro: STOP Á VIOLENCIA!
  • Do 30 de novembro ao 4 de decembro:SOMOS DIFERENTES, SOMOS XENIAIS
  • Do 9 ao 11 de decembro:DEREITOS EN XOGO
  • Do 14 ao 21 de decembro: E XA COMEZA O INVERNO!
  • Do 22 de decembro ao 7 de xaneiro: LUDONADAL 2026

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude, que se poden solicitar na ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
14 Set
0

Programa Moaña Iguala Ensino 2026 de Emerxencia Social Municipal

Ler máis...
26 Xuñ
0

AXENDA BUMOCA

Ler máis...
22 Xuñ
0

LUDOVERÁN 2026

Ler máis...
18 Xuñ
0

Ampliación de prazo de entrega para MOAÑA VIBRA

Ler máis...
16 Mar
0

DESCUBRE MOAÑA NA PRIMAVERA

Ler máis...
12 Mar
0

RECHOUCHÍOS

Volven os Rechouchíos de outono con actividades infantís de teatro, monicreques, música e moitos contos nas tardes dos venres ás 18 h en distintos espazos municipais desde o venres 18 de setembro ata o venres 23 de outubro.

Ler máis...
04 Mar
0

Moaña: 21 días en galego

Do 3 ao 23 de marzo vive as 24 horas na nosa lingua

Ler máis...
17 Set
0

PROGRAMACIÓN 1º TRIMESTRE 2025/2026

17/09/2025

Despois de estar durante este días coa limpeza xeral, memoria e programación, inventario… a partir do xoves 18 de setembro, abrimos a ludoteca de novo para dar comezo ao curso escolar 2025/2026 no seu horario habitual de tarde: de 16:00 a 20:00 horas.

Seguiremos sendo un espazo educativo no que as crianzas aprenden ao mesmo tempo que xogan. O xogo permitiralles aprender e fortalecer habilidades sociais, traballar coas emocións, favorecer a comunicación e a socialización, fortalecer a autoestima e autonomía, fomentar a empatía…

Durante o trimestre realizaremos actividades diferentes e divertidas entorno ás seguintes temáticas:

SETEMBRO 2025

Do 18 ao 26: EQUINOCCIO DE OUTONO

Do 29 ao 3 de outubro: UNHA VIAXE POLO ESPAZO

OUTUBRO 2025

Do 6 ao 10: XOGANDO NA LUDO

Do 13 ao 17: PINTAMOS

Do 20 ao 24: XEOMETRÍA

Do 27 ao 31: O SAMAÍN

NOVEMBRO 2025

Do 3 ao 7: IMAXE CORPORAL

Do 12 ao 14: MÚSICA E BAILE

Do 17 ao 21: CURIOSIDADES DA INFANCIA

Do 24 ao 28: ATA CANDO?

DECEMBRO 2025

Do 1  ao 5: DIVERSIDADE EN ACCIÓN

Do 9 ao 12: VERMELLO/AMARELO/AZUL/VERDE

Do 15 ao 19: SOLSTICIO DE INVERNO

Do 22 de decembro ao 7 de xaneiro: LUDONADAL

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude, que se poden solicitar na ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
11 Set
0

Programa Moaña Iguala Ensino 2025 de Emerxencia Social Municipal

Programa de vales de 100€ por crianza para compra de roupa e calzado.

Está destinado a  familias vulnerables do Concello de Moaña.

Ler máis...
04 Ago
0

Consulta Pública para la aprobación da Ordenanza Reguladora de Prestacións Patrimoniais de carácter público non tributarias polos servizos da piscina municipal

Ler máis...
21 Xul
0

CURSOS FORMACION PATRONATO

Ler máis...
12 Mai
0

Resolución de concesión de axuda para o proxecto ” Acondicionamento do Camiño do Touzal”

Ler máis...
23 Dec
0

Subvencións a Concellos para Actuacións de Embelecemento do Litoral Galego

Ler máis...
04 Dec
0

Programa Nadal

Ler máis...
12 Set
0

PROGRAMA MOAÑA IGUALA ENSINO 2024

Ler máis...
07 Mar
0

Subvención para custos de dotación de persoal para tarefas de información en oficinas de turismo.

Ler máis...
18 Set
0

O proxecto Youtubeiras+ lanza un novo galardón honorífico á traxectoria na creación dixital para celebrar a décima edición dos seus premios

Youtubeiras+, proxecto organizado polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, das tres universidades e da Deputación da Coruña co obxectivo de promover o talento en galego nas redes sociais, lanza un novo premio honorífico para distinguir a traxectoria de persoas e iniciativas no eido da creación dixital na nosa lingua. Esta é a gran novidade que trae a décima edición dos Premios Youtubeiras, cuxas bases xa se poden consultar en www.youtubeiras.gal. O prazo de inscrición manterase aberto até as 23.59 horas do día 15 de novembro. O certame, que repartirá 7500 euros entre as persoas premiadas, divídese en sete categorías: Canle, Creación de contidos, Pódcast, Revelación, Calidade lingüística, Rede e Premio do Público. Os dous primeiros apartados contarán cunha dotación económica de 1250 euros e as cinco restantes, de 1000 euros.

Estas son as liñas mestras que definen esta nova edición dos Premios Youtubeiras+, que se desenvolverán baixo o lema Dez anos en rede. Así o explicaron en rolda de prensa o alcalde de Ames, Blas García Piñeiro; o alcalde de Carballo, Daniel Pérez López; a concelleira de Lingua do Concello de Teo, María Vázquez Rey, e a vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio da Universidade de Santiago de Compostela, Ana Cabana Iglesia.

Na súa intervención, García puxo en valor “a estreita colaboración entre as diferentes institucións implicadas”, así como  “a pluralidade de sensibilidades que conviven na organización deste certame”. “Unha pluralidade que amosa a unidade necesaria ao redor do ben común que representa a lingua”, sinalou Blas García, antes de incidir tamén no percorrido de Youtubeiras+ ao longo de toda unha década. “Como organizadores destes premios, estamos convencidos de que este certame axudou a impulsar o idioma nas redes sociais, axudou a medrar a comunidade creadora na nosa lingua e axudou a conectar as novas xeracións co galego”, sentenciou o rexedor de Ames.

Pola súa banda, Ana Cabana Iglesia aproveitou a ocasión para subliñar “a decidida implicación das tres universidades desde a primeira edición” deste proxecto, unha colaboración que aos seus ollos amosa “o forte compromiso coa lingua, cuxo futuro está nas novas xeracións e nas novas fórmulas de comunicación que empregan cada día”. “As redes sociais son un ecosistema fundamental para a proxección das linguas”, sinalou a vicerreitora, quen tamén reflexionou sobre a evolución de Youtubeiras+. “A décima edición pouco ten que ver coa primeira. Porque estes son uns premios moi vivos que se adaptan, ano a ano, á realidade cambiante do eido dixital. En dez anos cambiamos de categorías, cambiamos de Redes e plataformas desde as que se podía participar e até cambiamos de nome un par de veces”, sinalou Cabana antes de pór o foco na propia concorrencia do certame. “Despois de dez anos, mesmo podemos dicir que xa se produciu entre as participantes e os participantes un cambio xeracional: a creación de hai unha década non é tampouco a mesma que a de hoxe”, concluíu a representante da USC.     

Datos da última edición

O rexedor de Carballo, Daniel Pérez López encargouse de facilitarlle á prensa as cifras da anterior edición, así como o volume de participación das primeiras convocatorias. Con estes números, Daniel Pérez ilustrou a evolución duns galardóns aos que concorreron un total de 126 canles en 2025, fronte ás 89 de 2024 ou 68 de 2023. No referente ao Premio do Público, engadiu que en 2025 se presentaron 49 vídeos nesta categoría, fronte aos 41 do curso anterior ou os 24 de 2024. “Aspiramos a manter nesta edición o crecemento sostido e constante que se rexistrou nestes anos”, sinalou o alcalde de Carballo.

Por último, Daniel Pérez compartiu os datos da primeira edición de Youtubeiras+, que tivo lugar entre 2016 e 2017. Por aquela altura, o certame fixábase máis nos vídeos, xa que a participación non se aglutinaba como agora ao redor das canles. Con esa forma inicial de contabilizar a participación, en 2017 contabilizáronse 202 vídeos, mentres que en 2020, no ano dos confinamentos por mor da pandemia da covid, chegouse ao pico de 536 vídeos. 

A formación e o xurado

A concelleira de Lingua do Concello de Teo, María Vázquez Rey encargouse de desvelar os nomes que conforman o xurado que escollerá as canles e persoas gañadoras deste ano: o músico e produtor Nuno Pico, a comunicadora audiovisual Eira Losada, a creadora de contido e publicista Nuria Grandío, a escritora Emma Pedreira e a guionista e directora Bea Saiáns.

Vázquez Rey lembrou durante a súa intervención que a formación é un piar fundamental de Youtubeiras+. “Este é un proxecto pensado por e para o futuro. Para avanzar, para progresar e para mellorar consideramos esencial afondar na formación desde diferentes perspectivas: a calidade técnica, o uso da lingua, a creatividade, a planificación estratéxica… E non hai mellor forma de abordar estes temas que a través da transmisión de coñecemento de persoas creadoras que gañaron en edicións anteriores os premios Youtubeiras”, apuntou a concelleira de Teo. Nesta nova edición ofertaranse tres obradoiros: María Rúa ofrecerá a sesión titulada Como ser unha ‘turras’ sen parecelo  o 7 de outubro, Nuria Grandío impartirá o taller Crear contidos con estratexia: das ideas ás redes sociais o 14 de outubroe Nee Barros encargarase do obradoiro Conecta en galego: diversidade, talento e redes sociais o 21 de outubro. Celebraranse todos eles en liña e serán de balde, previa inscrición. 

Ler máis...
02 Xul
0

Programa Moaña o teu mellor verán 2026

Ler máis...
19 Xuñ
0

DESCUBRE MOAÑA NO VERÁN

Ler máis...
15 Xuñ
0

MOAÑA SON DE MAR

Ler máis...
03 Xuñ
0

No Title

Ler máis...
Ir o contido