O 8 de marzo é o Día Internacional da Muller Traballadora. Un día para recordar o papel e a dignidade das mulleres no proceso de conciencia do seu valor humano dentro da sociedade. Un día para recordar e recuperar a loita das mulleres pola igualdade, o recoñecemento e o exercicio efectivo dos seus dereitos. Por todo isto, queremos adicar esta semana ás mulleres, e entre todas, a aquelas que fixeron historia e deste xeito resaltar a importancia da actuación da muller en todos os ámbitos da vida.
Luns 2: GLORIA FUERTES (mural e obradoiro de poemas).
Martes 3: MARIE CURIE (mural e experimentos).
Mércores 4: FRIDA KAHLO (mural e obradoiro artístico).
Xoves 5: VALENTINA TERESHKOVA e CHRISTINA KOCH (mural e obradoiro espacial).
Venres 6: MALAYA YOUSAFZAI (mural e obradoiro dos dereitos).
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.
Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).
E case sen darnos conta chegou unha das épocas do ano máis ansiada polos nenos e nenas: o Entroido. Disfrazarse, comer filloas e orellas, peitearse e pintar a cara, bailar… todo lles gusta. Por iso imos crear un disfrace para cada día durante as vacacións da escola e a xogar e disfrutar da “Xoubiña” despois. Así:
Luns 24 (de 09:00 a 14:00 horas): COLECTORES (disfrace).
Martes 25 (de 09:00 a 14:00 horas): CHEFS (disfrace).
Mércores 26 (de 09:00 a 14:00 horas): EXIPTO (disfrace).
Xoves 27 (de 16:00 a 20:00 horas): XOGOS DE ENTROIDO (xogos populares).
Venres 28 (de 16:00 a 20:00 horas): “A XOUBIÑA: INVENTAMOS CONTOS (actividade de animación á lectura).
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).
Hai acontecementos que cambian por completo o xeito no que vemos o mundo que nos rodea, e se consideran Revolucións Sociais. O descubrimento de América foi un suceso que cambiou a historia da humanidade e xurdiu por parte dun navegante: Cristovo Colón, que foi o primeiro en establecer unha ruta segura cara o novo continente. Orixinouse así un verdadeiro intercambio cultural e económico cunha nova terra chea de recursos por descubrir. E coñecer a historia para comprender o mundo actual é un dos obxectivos que nos marcamos durante esta semana. Traballaremos con diferentes dinámicas e técnicas para entender de xeito lúdico esta parte da historia:
Luns 17: A RUTA DAS AMÉRICAS (maquetando a ruta).
Martes 18: LIBRO CRISTOVO COLÓN (libro para colorear).
Mércores 19: O GORRO DE COLÓN (obradoiro).
Xoves 20: PASATEMPOS (pasatempos do descubrimento).
Venres 21: XINCANA DAS AMÉRICAS (xincana).
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.
Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).
Xa dispoñible a programación do entroido 2020 en Moaña
ENTROIDO MOAÑA 2020, DO 22 DE FEBREIRO AO 1 DE MARZO
SÁBADO 22 DE FEBRElRO 17.00 h Pregón de apertura do Entroido a cargo da comparsa Sen tempo non era. Actuación das comparsas. Degustación de orellas e filloas. Na carpa do Entroido no paseo marítimo de Moaña Organiza: Concellaría de Cultura Colabora: Asociación de Mulleres de Moaña e CEIP Reibón 19.30 h Actuación de comparsas na Casa da Cultura de Verducedo Organiza: A.W. Berducedo-O Piñeiro Colabora: Concellaría de Cultura 23.30 h Festa do Entroido: actuación do grupo Lasto Kinsky e DJ Panza na carpa do Entroido Organiza: Asociación A Fontenla e Asociación O Fisgón Colabora: Concellaría de Cultura
DOMINGO 23 DE FEBRElRO 12.00 h Festival de Comparsas de Domaio no adro de San Benito de Domaio (se chove, no C.S. Rosa lía de Castro) Organiza: A.F.C. Charaviscas Colabora: Concellaría de Cultura 17.00 h Actuación de comparsas ao longo da tarde no paseo marítimo 17.00 h Carnaval Tradicional de Meira. Saída do desfile de Madamas e Galáns dende O Pazo Redondo (O Pombal, Meira) ata o paseo de San Bartolomeu onde se realizarán as danzas tradicionais Organiza: A.F.C.X. Meiramar-Axóuxeres Colabora: Concellaría de Cultura
LUNS 24 DE FEBRElRO 17.30 h-20.00 h Obradoiros, música e animación infantil no alto da praza de abastos Organiza: Concellaría de Cultura 17.00 h Actuación de comparsas ao longo da tarde no Rosal e As Barxas 20.30 h Festival de Comparsas no IES As Barxas Organiza: Concellaría de Cultura Colabora: IES As Barxas
MARTES 25 DE FEBRElRO 17.00 h-20.00 h Concurso infantil de disfraces e exposición dos debuxos do “Concurso de carteis do Entroido” no pavillón da Xunqueira Organiza: Balonmán Moaña e Concellaría de Cultura 20.00 h Festival de Comparsas no C.S. Daniel Castelao (Quintela) Organiza: A.W. A Bouza-Quintela Colabora: Concellaría de Cultura 22.30 h Concurso de disfraces individua is no pavillón da Xunqueira e Festa do Entroido Organiza: Balonmán Moaña e Concellaría de Cultura
MÉRCORES 26 DE FEBRElRO 17.30 h-19.00 h Obradoiros, música e animación infantil na carpa do Entroido (se chove, no alto da praza de abastos) Organiza: Concellaría de Cultura
XOVES 27 DE FEBRElRO 17.30 h Festa do Entroido da Escala de Música no Auditorio do C.S. Daniel Castelao (Quintela). Actuación de comparsas da escala. 19.00 h Actuación de comparsas no Con e no Real
VENRES 28 DE FEBRElRO 20.00 h Actuación de comparsas no C.S. Castroviejo (Tirán) Organiza: A.W. de Tirán “O Pegho” Colabora: Concellaría de Cultura 22.30 h Festival do Entroido na Carpa do porto de Domaio Organiza: A.C. Animado Colabora: Concellaría de Cultura
SÁBADO 29 DE FEBRElRO 17.00 h Enterro da Xoubiña. Desfile e espectáculo pirotécnico (se chove, trasládase ao domingo 8) Organiza: Concellaría de Cultura Colabora: Centros de ensino e ANPAS do Concello de Moaña 19.00 h Actuación de comparsas no adro da Peregrina (O Latón) (se chove, no CEIP A Guía) Organiza: Asociación Comisión de Festas da Peregrina Colabora: Concellaría de Cultura 23.00 h Festa e Concurso de Comparsas e DJ Shakusky e DJ lvan Alonso na carpa do Entroido Organiza: Concellaría de Cultura Colabora: Comparsa Vaille dando
DOMINGO 1 DE MARZO 17.00 h Enterro da Sardiña. Saída dende a rúa Ramón Cabanillas ata Concepción Arenal. Desfile e espectáculo pirotécnico
O contacto coa música dende a nenez, ademais de entreter e divertir, pode marcar unha diferenza considerable na formación, educación e desenvolvemento das habilidades dos nenos e das nenas. Dito contacto favorece o desenvolvemento do seu sistema motriz e da actividade cerebral, o que fomenta a súa creatividade e imaxinación. E se xogando coa música se aprende, na ludoteca imos facelo do seguinte xeito:
Luns 10: CREACIÓN MUSICAL (música con diferentes materiais).
Martes 11: COÑECEMOS MÚSIC@S (mural colectivo).
Mércores 12: TWISTER MUSICAL (dinámica e xogo musical).
Xoves 13: OCA MUSICAL (oca con probas).
Venres 14: XOGOS MUSICAIS (xogos con música).
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.
Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).
Tódalas actividades se realizarán na propia Ludoteca
Reciclar os residuos é unha responsabilidade que temos todos e todas co noso planeta e cos nosos fillos e fillas, polo futuro da súa calidade de vida. É importante orientar aos nenos e ás nenas dende idades temperás, xa que nun futuro serán os e as principais responsables do noso planeta. E xogando se poden aprender este principios e responsabilidades:
Luns 3: ECOXINCANA (xincana sobre ecoloxía).
Martes 4: MURAL DA RECICLAXE (mural colectivo).
Mércores 5: LANZA A TÚA MENSAXE (vídeo-forum).
Xoves 6: EQUIPO “R” (dinámica das tres erres).
Venres 7: SAÍDA: FOMENTAMOS A RECICLAXE (saída sobre concienciación ecolóxica e de tratamento de residuos).
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.
Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
No Concello de Moaña sabemos que o idioma galego é o noso principal sinal de identidade. Trátase do máis importante legado recibido polas nosas devanceiras e devanceiros e representa a maneira que temos de ver o mundo e de presentarnos ante el como moañesas e moañeses, como pobo galego, en pé de igualdade coas outras linguas e culturas.
Temos unha lingua cargada de historia. A historia do noso pobo mariñeiro e traballador que usou durante séculos o idioma galego. Tamén a historia culta das
nosas letras, nas que se levan escrito desde a Idade Media obras de relevancia para a literatura universal.
Ademais, temos unha lingua cargada de futuro, válida como calquera outra para a comunicación dixital, para os estudos científicos ou o que nos propoñamos facer con
ela. O galego está cargado de oportunidades propias e tamén conectado co universo da lusofonía e os seus centos de millóns de falantes.
Así e todo, un recente estudo sociolingü.stico promovido polo Concello en colaboración cos centros de ensino indica que a vitalidade que mantivo o idioma galego en Moaña ata as xeracións que agora son maiores non se está a transmitir ás xeracións máis novas. Estamos ante un grave proceso de substitución lingü.stica. En Moaña prodúcese un abandono drástico do idioma, de xeración en xeración, semellante ao que ocorre en toda a área metropolitana de Vigo e en boa parte de Galiza. Actualmente só un 7% do alumnado dos institutos usa máis o galego que o
castelán, cifra que baixa ata un 4% no alumnado dos centros de infantil e primaria. Fronte a iso aumenta, ata superar o 50%, a xente nova que manifesta usar só o castelán, mesmo diminuíndo a opción “máis castelán que galego” que era maioritaria hai uns anos.
Neste contexto chega por segundo ano a campaña Moaña: 21 días en galego na que están involucrados todos os centros de ensino moañeses. Na primeira edición en 2019 foron moitas as rapazas e rapaces que aceptaron o reto de manter o uso exclusivo da nosa lingua durante os días da campaña, superando as nosas expectativas e poñendo de manifesto as posibilidades de futuro para o idioma galego.
Un ano máis dirixímonos a todas as moañesas e moañeses que empregan habitualmente o castelán para propoñerlles o desafío de expresarse as 24 horas en galego durante os 21 días que dura a campaña, entre o 27 de xaneiro e o 16 de febreiro de 2020.
Cos 21 días en galego a veciñanza comprobará a súa capacidade para usar a nosa lingua, vivirá os problemas cos que se atopan as persoas galegofalantes e tamén sentirá a satisfacción de recuperar o noso xeito de falar, contribuíndo a manter a nosa lingua outras mil primaveras máis. É unha oportunidade para que a veciñanza se reencontre consigo mesma, desenvolva novas capacidades neurolingü.sticas e manteña o que a fai singular.
A paz non só significa ausencia de guerra, senón que implica ter un entorno libre de toda forma de violencia. A paz interior permítenos dialogar e atopar as mellores solucións a calquera conflito. Vivir en paz axúdanos a aceptar os nosos erros e a reflexionar sobre eles.
Unha cultura de paz implica unha educación que promova os comportamentos e actitudes que permitan estar en harmonía persoal e social e previr ou resolver conflitos de xeito pacífico, mediante o diálogo. E o xogo é unha ferramenta que nos pode axudar neste proceso de aprendizaxe. Por iso esta semana organizamos actividades lúdicas entorno á PAZ:
Luns 27: ABECEDARIO DA PAZ (mural con palabras de paz).
Martes 28: UN AVE PARA A PAZ (animación á lectura).
Mércores 29: RECITAR E PINTAR (poemario e pintura).
Xoves 30: MÓBIL “POMBA DA PAZ” (obradoiro).
Venres 31: SAÍDA: CAPTURANDO VALORES (saída para recoller de xeito gráfico actitudes positivas e de paz na cidadanía)
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estadísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes.El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.