Concellarías
- Concellaría de obras, servizos, participación, transparencia e atención veciñal: Marta Freire Riobó.
- Concellaría de urbanismo e medio ambiente: Odilo Barreiro Martínez.
- Concellaría de cultura, patrimonio e Padroado Beiramar: Carlos Juncal Costa
- Concellaría de promoción económica e turismo: Coral Ríos Santomé.
- Concellaría de facenda,persoal e normalización lingüística: Aldán Santamarina Corral.
- Concellaría de mobilidade urbana, accesibilidade e vivenda: Rodrigo Curras Torres
- Concellaría de benestar social, muller: María Ortega Iñarrea.
- Concellaría de mocidade e igualdade: Xosé Daniel Costas Currás.
- Concellaría de deportes e ensino: Dolores Chapela Pérez
1.- Obras e Servicios
- Obras que non requiran a redacción de proxecto técnico e poidan executarse polos medios propios do Concello.
- Augas, saneamento e depuración.
- Actuacións de conservación, mantemento e mellora da rede viaria municipal.
- Proxectos e actuacións de conservación, mantemento e mellora da rede de alumeado público e do das instalacións municipais. Aplicación de medidas de eficiencia enerxética.
- Actuacións de conservación e mantemento, mellora e ampliación de zonas verdes e parques públicos.
- Obras de conservación e mantemento dos centros de educación infantil e primaria e das instalacións de competencia municipal.
- Limpeza viaria e de espazos públicos.
2.- Urbanismo
- Coordinación do equipo técnico que prestará soporte e asesoramento ás diferentes áreas para o desenvolvemento dos seus proxectos.
- Planeamento básico (Plan Xeral de Ordenación Municipal).
- Xestión de Licenzas, comunicacións previas e declaracións responsables.
- Disciplina urbanística.
- Proxectos e programas de humanización e reordenación do espazo urbano.
- Obras, infraestruturas e dotacións que requiran a redacción de proxecto técnico e se executen mediante contratación
3.- Medio Ambiente
-
Proxectos e programas de ordenación e rexeneración do litoral.
-
Proxectos e programas de mellora e posta en valor do medio natural.
-
Proxectos e programas de humanización e rexeneración do ambiente urbano.
-
Limpeza e mantemento de praias, leitos fluviais e espazos naturais.
-
En caso de necesidade funcional, e para atender os requirimentos da área, contará co persoal de mantemento, mellora e ampliación de zonas verdes, xardíns e testeiras que depende organicamente da área de Obras e Servizos.
-
Prevención e loita contra incendios forestais, dentro das competencias municipais.
-
Recollida e tratamento dos residuos sólidos urbanos e residuos especiais de competencia municipal.
-
Hixiene e salubridade pública.
-
Proxectos e programas relativos aos sectores económicos vinculados ao mar e ao medio rural.
-
Relacións coas protectoras de animais.
4.- Facenda
-
Dirección dos servizos económicos do Concello (Intervención, Tesourería e Recadación).
-
Xestión de compras, contratacións e pagos.
-
Xestión do orzamento municipal.
-
Xestión do Patrimonio Municipal (inventario de bens municipais)
5.- Normalización lingüística
-
Proxectos de dinamización do uso do galego entre a veciñanza.
-
Asesoramento lingüístico da institución municipal.
-
Coordinación dos EDLG dos centros de ensino.
6.- Cultura
- Programación cultural (FIM, Circuítos teatrais, Entroido, Nadal, festas)
- Relacións cos colectivos e asociacións culturais.
- Conservación e mellora das dotacións socio-culturais e xestión de novos espazos.
- Bibliotecas, aulas de lectura e actividades complementarias.
- Escolas de música tradicional e municipal.
7.- Patrimonio
-
Posta en valor, recuperación e rehabilitación do patrimonio cultural e etnográfico.
-
Patrimonio documental e bibliográfico. Arquivo municipal.
-
Memoria histórica.
8.- Padroado Beiramar, Emprego, Formación e Innovación
-
Programas de formación ocupacional.
-
Promoción do emprego.
-
Programas de emprendemento e innovación.
-
Promoción empresarial.
-
Relacións cos sectores económicos e sociais da vila para establecer estratexias conxuntas de formación e inserción laboral (Consello Económico e Social).
-
Apoio a PEMES.
9.- Promoción Económica e Turismo
- Promoción turística do concello e edición de material turístico.
- Xestión da Oficina de Turismo municipal.
- Xestión de convenios turísticos con outras vilas.
- Xestión da Praza de Abastos, mercado e venda ambulante.
- Relación cos axentes comerciais.
- Promoción do comercio local e de proximidade.
- Apoio e promoción do tecido produtivo no concello.
- Mesa local do comercio.
- Proxectos e programas relativos aos sectores económicos. Xestión da praza de abastos, mercado e venda ambulante.
10.- Ensino
- Relacións coa comunidade educativa.
- Programas e proxectos relativos ao ensino.
- Atención á Escola Infantil.
11.- Deporte
- Programación e xestión deportiva.
- Escolas deportivas municipais.
- Proxectos de conservación e mellora de infraestruturas deportivas.
- Relacións coas sociedades deportivas.
- Xestión do Complexo Deportivo do Beque.
- Apoio e fomento do deporte de base e inclusivo.
12.- Persoal
-
Contratación de persoal.
-
Xestión e control de persoal. Réxime disciplinario.
-
Relacións laborais e relacións co Comité de Empresa e Xunta de Persoal.
-
Convenios con centros de ensino para plan de prácticas laborais.
13.- Mocidade
- Xestión da Casa da Mocidade.
- Promoción do asociacionismo e da información á mocidade.
- Programación xuvenil. Impulso dos consellos parroquiais con representación en todos eles.
14.- Benestar Social, Muller e Igualdade
- Programas de intervención social: prevención da exclusión, loita contra a pobreza, educación para a saúde e loita contra as adiccións, inmigración, etc.
- Programas de dinamización social e cohesión comunitaria.
- Atención ás persoas maiores e ás persoas dependentes.
- Atención aos colectivos obxecto de discriminación social.
- Programas de promoción da igualdade e prevención da violencia.
- Ludoteca municipal, atención á infancia, etc.
- C.I.M.
- Programas que favorezan a conciliación da vida familiar e laboral
15.- Mobilidade Urbana, Accesibilidade e Vivenda
- Ordenación do tráfico rodado.
- Transporte público.
- Xestión integral do PLAN DE MOBILIDADE URBANA SOSTIBLE con impulso de novas reordenacións urbanas para a consecución de espazos públicos.
- Xestión para a mellora e conservación de viais supramunicipais.
- Colaboración e apoio ao servizo de Urbanismos nos proxectos e obras de humanización, reordenación do espazo litoral e urbano que afecten á mobilidade e accesibilidade.
- Programas de fortalecemento da seguridade viaria. Camiños escolares seguros.
- Xestión de programas supramunicpais relacionados coa vivenda
- Promoción da vivenda protexida e do aluguer social. Proxectos de VPP. Programa de vivendas baleiras.
- Transporte público.
16.- Participación, Transparencia e Atención veciñal
- Impulso dos Consellos Veciñais.
- Aplicación do Regulamento de Participación Veciñal.
- Seguimento dos escritos presentados por rexistro no concello.
- Actualización da páxina web municipal.
- Relación cos colectivos veciñais.
- Actualización e supervisión do rexistro de asociacións do concello.
- Servizo de voluntariado.