Termos e condicións

TERMOS E CONDICIÓNS

MARCO LEGAL E TERMOS E CONDICIÓNS DE USO

En cumprimento da normativa reguladora vixente sobre servizos da sociedade da información, infórmase que o titular desta páxina web é o concello de Moaña, administración pública local, con CIF P3602900G, enderezo en Rúa As Barxas, núm. 2, 36950 Moaña(Pontevedra),Tf.:986310100,Fax:986310104  e enderezo electrónico <secretaria.administracion@concellodemoana.org>

A navegación, acceso e uso pola web www.concellodemoana.org, e outras webs das que sexa titular o concello de Moaña, confire a condición de persoa usuaria pola que se aceptan, todas as  condicións de uso aquí establecidas, sen prexuízo da aplicación da correspondente normativa de cumprimento legal.

Toda persoa usuaria asume a responsabilidade do uso correcto da web, en concreto a veracidade dos datos e información achegadas que son requiridas para determinados servizos.

As relacións entre o concello de Moaña e as persoas usuarias que adquiran materiais ou produtos a través da web www.concellodemoana.org rexeranse pola normativa en materia de contratación vixente en Galiza, no Estado español e na Unión Europea e serán competentes para decidir sobre calquera controversia que se puidera suscitar os xulgados do partido xudicial de Cangas do Morrazo

RESPONSABILIDADE DOS CONTIDOS

O Concello de Moaña asume, de acordo coa lexislación vixente, a responsabilidade polos contidos desta web que sexan elaborados polo propio Concello. Con respecto aos contidos fornecidos polas persoas usuarias e terceiras, sonlles de aplicación as exclusións de responsabilidade previstas nos artigos 13 a 17 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico. En particular, con respecto aos contidos enlazados, aplícase a exclusión de responsabilidade do artigo 17 da mencionada lei.
O Concello non responde do mal uso que as persoas usuarias poidan facer dos contidos da web. Tampouco se fai responsable das dificultades de acceso que poida haber para entrar ao portal nin do mal funcionamento deste que sexa atribuíble a causas alleas ao Concello.

TRÁMITES PARA A REALIZACIÓN DE  PEDIDOS A TRAVÉS DESTA WEB

Para realizar un pedido é preciso seguir os seguintes pasos:

Conectarse a http:www.concellodemoana.org

Seleccionar os produtos que se desexe adquirir.

Identificarse/Rexistrarse como usuari@, a través dos formularios e as instrucións facilitadas pola web.

Aceptar as condicións de compra.

Validar o pedido.

A aceptación das condicións de compra e a validación do pedido por parte da persoa adquirente supón expresamente o coñecemento e aceptación destas condicións xerais de contratación como parte da celebración do contrato.

En particular, respecto da venda de material de promoción cultural e turística, as transaccións e relacións económicas coas persoas usuarias estarán sometidas á “ORDENANZA FISCAL REGULADORA DOS PREZOS PÚBLICOS PARA A VENDA DE MATERIAL DE PROMOCIÓN CULTURAL E TURÍSTICA” (Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra de 18 de xaneiro de 2018) e ó disposto nos acordos da Xunta de Goberno Local de 27 de agosto e de 10 de setembro de 2018.

Agás proba en contra, os datos rexistrados polo concello de Moaña na web www.concellodemoana.orgou noutras webs da súa titularidade constitúen a proba do conxunto de transaccións realizadas coas persoas usuarias deste portal electrónico, que permanecerán arquivados e protexidos.

PEDIDOS

Os pedidos de material, produtos e artigos de promoción cultural e turística serán expedidos unha vez se confirme o ingreso do prezo público nas correspondentes entidades financeiras e de cobro debidamente autorizadas polo concello, ou no seu caso se reciba a confirmación da recepción da transferencia bancaria ou do abono mediante tarxeta de crédito. Cando non haxa dispoñibilidade inmediata dos materiais ou produtos, enviarase unha información á persoa peticionaria con indicación da estimación do prazo de expedición.

No caso de que á entrega do material, produto ou artigo se aprecie algún defecto que fagan inviable o uso para o que estaba destinado, a persoa usuaria disporá de 14 días naturais para devolvelo, para a entrega dun novo produto ou no seu caso solicitar o reintegro.En todo o caso, o desestimento da persoa usuaria estará supeditado a que a adquisición do material, produto ou artigo non se corresponda cos comprendidos nas excepcións previstas no artigo 103 do Real Decreto Lexislativo 1/2007, do 16 de novembro. En todo o caso, o concello de Moaña resérvase a facultade de examinar e apreciar a aplicabilidade desta disposición normativa.

Ir o contido