Ocio e deporte

En Moaña ten unha especial importancia o deporte, algo que se reflicte na gran cantidade de infraestruturas coas que conta: campos de fútbol, club de tenis, complexo deportivo e de lecer A Talangreira do Beque onde, ademais de practicar diversos deportes, pódese facer noite en plena montaña. As tranquilas augas do seu recortado litoral son ideais para as numerosas exhibicións deportivas como as regatas de traíñas ou a práctica de variadas especialidades náuticas no porto deportivo da zona de Domaio.

Unha oferta deportiva que se completa co campo de golf de Domaio, -cen hectáreas de extensión nas que nada foi deixado ao azar- fundado en 1989 e que conta con 18 buratos champioship.

De compras

Remo

Un dos atractivos turísticos que Moaña lle ofrece a quen a visite é a posibilidade de pasar unha xornada de compras polo centro da vila, onde se encontra unha ampla oferta de establecementos, entre eles a praza de abastos, na que se pode adquirir todo tipo de produtos.
Outra posibilidade é o mercado municipal que ten lugar todos os mércores e sábados pola mañá, na explanada do paseo marítimo que hai detrás da praza de abastos.
Cun total de 120 postos, nel podemos atopar unha ampla oferta de produtos a prezos moi competitivos: roupa, calzado, complementos, música, plantas, alimentación, maquinaria agrícola e louza.

Moaña, conta tamén con diversos espazos recreativos espallados pola contorna onde poder realizar de balde diversas actividades. Entre eles atópase o carril bici, a pista de skate, o campo de petanca, pista de atletismo e varios parques infantís entre os que destacan o de Moaña e Meira, que contan cunhas completas instalacións e cunhas inmellorables vistas á ría.

O remo é un dos deportes náuticos máis populares de Galicia. A súa orixe parece estar na necesidade de rapidez nas faenas da pesca, debido á importancia que tiña ser o primeiro en chegar aos caladoiros de sardiñas e despois ser os primeiros en chegar á lonxa para vender a mellor prezo o peixe.

No remo distínguense dúas modalidades: banco fixo e banco móbil. Dentro do banco móbil preséntanse tres tipos de embarcacións: bateis, traiñeiras e traiñeiriñas.

A primeira regata que tivo lugar en Moaña foi promovida polo alcalde José Sobral Cidrás entre 1912 e 1913, posiblemente para conmemorar a construción dunha rúa. Hoxe en día, o municipio ofrece variadas exhibicións deportivas e é frecuente ver adestrar á Sociedade Deportiva Tirán ou ao Samertolameu, dous equipos de traiñeiras locais que se encontran entre os máis importantes e que participan no mes de xullo no trofeo Bandeira Concello de Moaña de Traiñeiras, onde compiten os equipos máis relevantes de Galicia.

Club de Golf de Domaio

O Campo de Golf Ría de Vigo é un prodixio de situación, beleza e deseño, coa ría de fondo. Sesenta e cinco hectáreas de extensión nas que nada foi deixado ao azar. Deseñado por Ramón Espiñenta, artífice doutros importantes campos na nosa xeografía, o Campo de Golf Ría de Vigo ten 18 buratos PAR .  Dispón tamén de 9 buratos correspondentes co campo de Pich and Putt, e diversas instalacións como son as pistas multiusos, escola de golf, piscina exterior, salas de xogos, etc . Cando falamos do Campo de Golf Ría de Vigo hai que mencionar inevitablemente a dificultade do seu percorrido con seis lagos e un río, a dificultade para “negociar” os greenes e a necesidade de utilizar os paus da bolsa e intentar a precisión antes que a lonxitude. A estas características hailles que engadir unha cuarta: a contorna.

O Campo de Golf Ría de Vigo coida especialmente o que se deu en chamar “Hoyo 19”: un restaurante especializado en comida galega e con ampla oferta en cociña internacional.
É o eixe da zona social integrada por amplos salóns, terrazas de verán e zonas de descanso; todo isto nunha construción dotada de grandes ventás coas mellores vistas do lugar.

 

Skip to content