Deportes:
A área de Deportes ten como funcións principais o fomento da actividade física e o deporte entre a veciñanza de Moaña mediante a programación de actividades deportivas. Tamén se encarga da xestión das instalacións deportivas municipais en canto ao mantemento, limpeza e control horario.
A área de Deportes apoia aos clubs e entidades deportivas de Moaña colaborando nos eventos que eles organizan.
Os principais obxectivos da Concellería de Deportes son:
- Xestionar, administrar e conservar as instalacións deportivas municipais.
- Promover e organizar eventos deportivos na nosa vila.
- Promover proxectos de conservación e mellora de infraestruturas deportivas.
- Coordinar as relacións coas entidades deportivas.
- Xestión do Complexo Deportivo do Beque.