Muller

Dona María Ortega Iñarrea

Concellaría de muller, memoria histórica e patrimonio

Muller:

Facilitar a aplicación efectiva do principio de igualdade de xénero na xestión municipal é loitar contra a violencia de xénero son os pilares básico de traballo nesta área. Así pois, é fundamental: romper cos obstáculos sociais que provocan a desigualdade no trato e na valoración das mulleres e a súa contribución á sociedade. A desigualdade e a discriminación de xénero son incompatibles coa democracia.

A loita contra a desigualdade de xénero ten que facerse cunha perspectiva de transversalidade, xa que este criterio supón unha visión más ampla e complementaria ás tradicionais políticas de igualdade de oportunidades. O problema de xénero ten que estar presente en todos os aspectos da política municipal, urbanismo, medioambiente, cultura, política lingüística, xestión do persoal, servizos sociais…, co obxectivo de que homes e mulleres teñan as mesmas oportunidades, as mesmas posibilidades de acceso aos recursos, un reparto equilibrado na toma de decisións, no uso dos tempos, os espazos así como unha consideración específica das diferenzas por razón de sexo.

Con esta finalidade desenvolvemos programas, campañas y actividades de promoción da igualdade de xénero e visibilización da presenza e papel da muller na sociedade, así como do empoderamento da muller en todos os ámbitos sociais. Así mesmo, impulsamos o traballo colaborativo entre as distintas asociacións e colectivos do concello que traballan activamente pola igualdade de xénero.

Partindo da necesidade de ofrecer á poboación un servizo máis específico de asesoramento, axuda e apoio á muller, o Concello de Moaña conta co Centro de Información a Muller (CIM). Sendo esta a premisa básica, e atendendo á demanda existente no Concello de Moaña, a creación dun programa de asesoramento xurídico e psicolóxico supón un avance nas actividades de asistencia para a muller por profesionais sensibilizadas coa problemática da violencia de xénero, de cómo afrontar as consecuencias dunha separación e de poder acadar unha solución satisfactoria na resolución dos seus conflictos. Así, a posibilidade de contar co apoio externo institucional constitúe un elemento esencial cara a potenciar e favorecer a independencia e a inmersión na sociedade da muller.

Desde a súa creación o CIM actúa en diversos eidos: asesoramento xurídico, asesoramento psicolóxico, fomento da igualdade.

Existencia do III Plan de Igualdade de Oportunidades (2014-2018). É este unha ferramenta que utiliza o Concello para impulsar, planificar e ordenar as políticas de xénero, así como para facer unha análise da realidade local,- diagnose, seguimento e avaliación-, desde unha perspectiva de xénero, con fin de ter constancia do impacto que o III PIOM vai tendo no municipio.

IV Plan de Igualdade de Oportunidades (2019-2022) PDF

O Concello de Moaña pertence á rede de entidades locais en contra da violencia de xénero e realiza accións de sensibilización social estando vixente o protocolo de colaboración entre a SXI e a FEGAMP.

Correo de contacto:
mariaortega@concellodemoana.org

Skip to content