Turismo, promoción económica e cultural:
A Área de Promoción Económica do Concello de Moaña regula e promove accións que favorezan os sectores do comercio e hostalería, a praza de abastos, os mercados, as feiras e o sector da empresa en xeral, presidindo tamén o Patronato Beiramar para a promoción e formación no emprego.
Neste eido, organiza coa Asociación de Hostalería: Moaña de Tapa en Tapa, de maio a xuño; a Festa do Comercio Local en setembro e coa praza de abastos, o Día dos Mercados en maio e a Xornada do Bandullo en abril.
Desta área depende tamén a organización de feiras como é a Feira Eco-Artesá de primavera e de outono, a Feira da Vida Saudable en xuño, a mostra de artesanía e cultural tradicional A Moa en xullo, a Feira do Mel en agosto e a Feira de Nadal en decembro.
A Área de Turismo e Promoción Cultural do Concello de Moaña encárgase de organizar, promover ou colaborar cunha gran cantidade de actividades durante todo o ano para desestacionalizar o turismo. Esta área organiza para promover a asistencia de visitantes á nosa vila, as festas e festivais (non relixiosas) como son: o Festival Varadero, o Festival Intercéltico do Morrazo, Días de Mar de Moaña, a Festa Medieval Moaña Antiqua, a Festa do Mexillón, o Festival de Jazz, o Festival Habaneras, as rutas culturais e turísticas Descubre Moaña, os roteiros musicados Moaña Paisaxe e Son, a Festa do Samaín, a Festa de Bronlle, da Festa da Mocidade de San Martiño … e colaborando intensamente con outras áreas como a de cultura, normalización lingüística, deporte, muller e igualdade como é no caso da Festa da Diversidade.