O Samaín é unha festa de orixe celta con máis de 3.000 anos de historia moi arraigada en Galicia. Para os celtas, o 31 de outubro era o último día do ano. Acabábase o bo tempo, recollíanse as últimas colleitas e tocaba prepararse para a época escura e fría do inverno. Tamén crían que esa noite a liña entre o mundo dos vivos e dos mortos facíase moi fina, e os espíritos podían cruzar de visita. E de aquí a tradición de festexar ese día con doces e disfraces. E na ludoteca imos aproveitar esta tradición tan lúdica para para obradoiros, xogos, cancións e unha saída durante a próxima semana.
- Luns 26: CABAZAS, ESQUELETOS E PANTASMAS (obradoiro).
- Martes 27: LABORATORIO FLUORESCENTE (obradoiro).
- Mércores 28: OBRADOIRO DE PÓCIMAS (obradoiro).
- Xoves 29: TÍTERES MONSTRUOSOS (obradoiro).
- Venres 30: SAÍDA (saída á Festa do Samaín).
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.
Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).