BASES DA CONVOCATORIA PARA CUBRIR PRAZAS DE PERSOAL LABORAL INCLUIDAS NAS OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICO DOS ANOS 2017 e 2018

Na Resolución de Alcaldía núm. 2020-0027, do 17 de xaneiro de 2020, aprobáronse as bases que regularán a convocatoria do proceso selectivo para cubrir prazas e postos de traballo vacantes no cadro de persoal laboral do Concello de Moaña, incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2017 e 2018, mediante o sistema de concurso oposición por quenda libre.

O número de prazas vacantes que se convocan, a súa denominación e características son as seguintes:

PERSOAL LABORAL FIXO:

1 praza de oficial 1ª de carpintería. Grupo 4B equiparado a efectos de titulación ao grupo C2 de persoal funcionario.

1 praza de oficial 1ª de albanelería. Grupo 4B equiparado a efectos de titulación ao grupo C2 de persoal funcionario.

O período de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

As bases íntegras publicaranse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Moaña