A paz non só significa ausencia de guerra, senón que implica ter un entorno libre de toda forma de violencia. A paz interior permítenos dialogar e atopar as mellores solucións a calquera conflito. Vivir en paz axúdanos a aceptar os nosos erros e a reflexionar sobre eles.
Unha cultura de paz implica unha educación que promova os comportamentos e actitudes que permitan estar en harmonía persoal e social e previr ou resolver conflitos de xeito pacífico, mediante o diálogo. E o xogo é unha ferramenta que nos pode axudar neste proceso de aprendizaxe. Por iso esta semana organizamos actividades lúdicas entorno á PAZ:
- Luns 27: ABECEDARIO DA PAZ (mural con palabras de paz).
- Martes 28: UN AVE PARA A PAZ (animación á lectura).
- Mércores 29: RECITAR E PINTAR (poemario e pintura).
- Xoves 30: MÓBIL “POMBA DA PAZ” (obradoiro).
- Venres 31: SAÍDA: CAPTURANDO VALORES (saída para recoller de xeito gráfico actitudes positivas e de paz na cidadanía)