O mindfulness é unha técnica de relaxación, unha práctica de meditación e unha actitude máis distendida ante a vida. Trátase dunha ferramenta que se pode empregar en calquera situación e en calquera momento do día. O mindfulness para nenos e nenas se converte nunha alternativa excelente para adestralos no desenvolvemento de ferramentas e fortalezas persoais que lles axudan a tomar conciencia de sí mesmos e mesmas, mellorar a súa atención e concentración, aprender a xestionar as súas emocións, desenvolver a empatía e a compaixón…

E mediante o xogo, dinámicas e obradoiros diferentes traballaremos esta disciplina na ludoteca. Así: 

  • Luns 20: EXERCICIOS DE MINDFULNESS (dinámicas de relaxación).
  • Martes 21: MINDFULNESS CON ARTE (obradoiro de pintura).
  • Mércores 22: IOGA E RELAXACIÓN (exercicios de ioga).
  • Xoves 23: PELOTAS ANTIESTRÉS (obradoiro).
  • Venres 24: XINCANA MINDFULNESS (xincana).