Reciclar os residuos é unha responsabilidade que temos todos e todas co noso planeta e cos nosos fillos e fillas, polo futuro da súa calidade de vida. É importante orientar aos nenos e ás nenas dende idades temperás, xa que nun futuro serán os e as principais responsables do noso planeta. E xogando se poden aprender este principios e responsabilidades:

  • Luns 3: ECOXINCANA (xincana sobre ecoloxía).
  • Martes 4: MURAL DA RECICLAXE (mural colectivo).
  • Mércores 5: LANZA A TÚA MENSAXE (vídeo-forum).
  • Xoves 6: EQUIPO “R” (dinámica das tres erres).
  • Venres 7: SAÍDA: FOMENTAMOS A RECICLAXE (saída sobre concienciación ecolóxica e de tratamento de residuos).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.