O contacto coa música dende a nenez, ademais de entreter e divertir, pode marcar unha diferenza considerable na formación, educación e desenvolvemento das habilidades dos nenos e das nenas. Dito contacto favorece o desenvolvemento do seu sistema motriz e da actividade cerebral, o que fomenta a súa creatividade e imaxinación. E se xogando coa música se aprende, na ludoteca imos facelo do seguinte xeito:
- Luns 10: CREACIÓN MUSICAL (música con diferentes materiais).
- Martes 11: COÑECEMOS MÚSIC@S (mural colectivo).
- Mércores 12: TWISTER MUSICAL (dinámica e xogo musical).
- Xoves 13: OCA MUSICAL (oca con probas).
- Venres 14: XOGOS MUSICAIS (xogos con música).
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.
Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).