Hai acontecementos que cambian por completo o xeito no que vemos o mundo que nos rodea, e se consideran Revolucións Sociais. O descubrimento de América foi un suceso que cambiou a historia da humanidade e xurdiu por parte dun navegante: Cristovo Colón, que foi o primeiro en establecer unha ruta segura cara o novo continente. Orixinouse así un verdadeiro intercambio cultural e económico cunha nova terra chea de recursos por descubrir. E coñecer a historia para comprender o mundo actual é un dos obxectivos que nos marcamos durante esta semana. Traballaremos con diferentes dinámicas e técnicas para entender de xeito lúdico esta parte da historia:
- Luns 17: A RUTA DAS AMÉRICAS (maquetando a ruta).
- Martes 18: LIBRO CRISTOVO COLÓN (libro para colorear).
- Mércores 19: O GORRO DE COLÓN (obradoiro).
- Xoves 20: PASATEMPOS (pasatempos do descubrimento).
- Venres 21: XINCANA DAS AMÉRICAS (xincana).
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.
Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).