Novas

06 Xuñ
0

LUDOVERÄN 2023

LUDOVERÄN 2023

XUÑO
DO 23 AO 30: CREA – ACTIVA WEEK

YULLO
DO 3 AO 1: CREA OS TEUS XOGUETES
DO 10 AO 14: AUGA E XOGO
DO 17 AO 21: XOGOS DE ACAMPADA
DO 24 AO 31: SUPERMARIO BROS

AGOSTO
PECHADO POR VACACIÓNS

SETEMBRO
DO 1 AO 8: ZAPPING

Ler máis...
05 Xuñ
0

Lista crianzas admitidas e lista de agarda actividades verán CMo

Lista crianzas admitidas e list de agarda actividades verán CMo

Sorteo Actividades de Veran CMO

Ler máis...
05 Xuñ
0

Lista crianzas admitidas e lista de agarda actividades verán infantil

Lista crianzas admitidas e list de agarda actividades verán infantil

LISTA ADMITIDOS CAMPAMENTO VERÁN PDF

Ler máis...
05 Xuñ
0

A auga

A auga

O vindeiro 5 de xuño é o Día do Medio Ambiente, que se celebra coa intención de destacar que a protección e a saúde do medio ambiente é unha cuestión importante, que afecta ao benestar dos pobos e ao desenvolvemento económico en todo o mundo. Ante os avisos constantes da natureza de que se está a producir un evidente cambio climático, debemos adoptar un estilo de vida máis sostible e harmónico coa natureza. Un dos elementos máis importantes para a vida humana é a auga e actualmente vivimos nun momento no que destaca a súa escaseza. Comprender o ciclo da auga, os tipos de augas, para que se utiliza… pode ser moi divertido e ao mesmo tempo servir para valorar a súa importancia e tamén como coidala. 

  • Luns 5: MURAL ACUÁTICO (mural colectivo).
  • Martes 6: OBRADOIRO: O CICLO DA AUGA (obradoiro).
  • Mércores 7: EXPERIMENTOS (experimentos).
  • Xoves 8: XOGOS SOBRE O MAR (xogos).
  • Venres 9: OBRADOIRO: MÓBIL DE AUGA (obradoiro).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. O horario de apertura é de 16:00 a 20:00 horas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
29 Mai
0

Somos artistas

Somos artistas

Todos os nenos e nenas son artistas. Cada persoa ten o seu potencial e as súas propias habilidades, e é moi importante validalas e fomentalas para conseguir alta autoestima, progreso, confianza, ilusión… E na ludoteca sabemos que, ademais, xogar coas nosas potencialidades é moi divertido. Así que esta semana converterémonos en verdadeiros/as artistas e mostraremos as nosas habilidades:

  • Luns 29: MONSTROS PINTORESCOS (obradoiro).
  • Martes 30: ARTE CIRCENSE (xogos).
  • Mércores 31: PEQUE-ESCULTURAS (obradoiro).
  • Xoves 1: A SÉTIMA ARTE (dinámicas)
  • Venres 2: MÚSICA E RITMO (música e bailes).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. O horario de apertura é de 16:00 a 20:00 horas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
24 Mai
0

CAMPAMENTOS NAUTICOS MOAÑA 2023

CAMPAMENTOS NAUTICOS MOAÑA 2023

Semana 1: do 26 a 30 de Xuño.
Móllate en Moaña (Multidisciplinar).

Semana 2: do 3 o 7 de xullo.
Móllate en Moaña (Multidisciplinar).

Semana 3: do 10 o 14 de xullo.
Iniciación á vela.

Semana 4: do 17 o 21 de xullo.
Monográfico de windsurf.

Semana 5: do 24 o 28 de agosto.
Kaiak e paddle.

Semana 6: do 31 de xullo o 4 de agosto.
Móllate en Moaña (Multidisciplinar).

Semana 7: do 7 o 11 de agosto.
Móllate en Moaña (Multidisciplinar).

Semana 8: do 14 o 18 de agosto.
Móllate en Moaña (Multidisciplinar).

Semana 9: do 21 o 25 de agosto.
Kaiak e paddle.

Semana 10: do 28 de agosto o 1 de septembro.
Mollate en Moaña (Multidisciplinar).


*Prezo: 35 euros por semana.
** Lugar de celebración: Pantalán do Porto deportivo de Moaña.
*** Idade: de 8 a 18 anos nacidos entre os anos 2005 e 2015 ambos incluídos.
Inscrición presencialmente na cMo Casa da Mocidade de Moaña entregando inscrición até o 6 de xuño.
De luns a venres de 17:00h. a 21:00h.
Asignación de plazas por sorteo.


PODEDES DESCARGAR A INSCRICIÓN NESTE ENLACE: INSCRICIÓN en PDF
E entregade esta inscrición na cMo Casa da Mocidade de Moaña de luns a venres, en horario de apertura de 17:00h. a 21:00h. até o 6 de xuño incluído. 

Ler máis...
22 Mai
0

Campamentos de verán 2023

Campamentos de verán 2023

Aquí tedes os Campamentos de verán 2023. As inscricións comezarán o luns 22 de Maio entregando a inscrición na Ludoteca de Moaña. Tedes toda a información no código QR.
De Luns a venres de 16:00h. a 20:00h. e luns de 10:00 a 13:00h.

Enlace inscripción campamento verán: documento pdf
Enlace información e normas inscripción do campamento verán: documento pdf

Ler máis...
22 Mai
0

Actividades de verán da CMO

Actividades de verán da CMO

O luns 22 de Maio comeza as inscricións das actividades de verán da cMo tedes que entregar a inscrición na cMo – Casa da Mocidade de Moaña de 17:00h. a 21:00h. de luns a venres.

Enlace inscripción cMo: documento pdf
Enlace información e normas de inscripción cMo: normas documento pdf
Enlace actividades da cMo: actividades documento pdf

Ler máis...
22 Mai
0

Os Dinosauros

Os Dinosauros

Á rapazada lle gustan os dinosauros ou, máis ben, é un tema que lles encanta. E é así porque é un xeito ideal de despertar a curiosidade polo descoñecido. A procura de información, os disfraces, os xogos, as investigacións… sobre estes seres tan fascinantes fan que gocen sempre que tratamos esta temática. Pero… a quen non lle fascina saber que hai millóns de anos existiron estes magníficos animais?

  • Luns 22: DISFRACE (obradoiro).
  • Martes 23: XOGOS DO XURÁSICO (xogos).
  • Mércores 24: “MANS” DE DINOSAURO (obradoiro).
  • Xoves 25: DINO MAQUETA VIVENTE (maqueta)
  • Venres 26: DINO XOGO (xogo de mesa).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. O horario de apertura é de 16:00 a 20:00 horas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
18 Mai
0

LETRAS GALEGAS MOAÑA Maio 2023

PROGRAMA LETRAS GALEGAS MOAÑA Maio 2023

Francisco Fernández del Riego


Ler máis...
Ir o contido