Novas

22 Mai
0

Campamentos de verán 2023

Campamentos de verán 2023

Aquí tedes os Campamentos de verán 2023. As inscricións comezarán o luns 22 de Maio entregando a inscrición na Ludoteca de Moaña. Tedes toda a información no código QR.
De Luns a venres de 16:00h. a 20:00h. e luns de 10:00 a 13:00h.

Enlace inscripción campamento verán: documento pdf
Enlace información e normas inscripción do campamento verán: documento pdf

Ler máis...
22 Mai
0

Actividades de verán da CMO

Actividades de verán da CMO

O luns 22 de Maio comeza as inscricións das actividades de verán da cMo tedes que entregar a inscrición na cMo – Casa da Mocidade de Moaña de 17:00h. a 21:00h. de luns a venres.

Enlace inscripción cMo: documento pdf
Enlace información e normas de inscripción cMo: normas documento pdf
Enlace actividades da cMo: actividades documento pdf

Ler máis...
22 Mai
0

Os Dinosauros

Os Dinosauros

Á rapazada lle gustan os dinosauros ou, máis ben, é un tema que lles encanta. E é así porque é un xeito ideal de despertar a curiosidade polo descoñecido. A procura de información, os disfraces, os xogos, as investigacións… sobre estes seres tan fascinantes fan que gocen sempre que tratamos esta temática. Pero… a quen non lle fascina saber que hai millóns de anos existiron estes magníficos animais?

  • Luns 22: DISFRACE (obradoiro).
  • Martes 23: XOGOS DO XURÁSICO (xogos).
  • Mércores 24: “MANS” DE DINOSAURO (obradoiro).
  • Xoves 25: DINO MAQUETA VIVENTE (maqueta)
  • Venres 26: DINO XOGO (xogo de mesa).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. O horario de apertura é de 16:00 a 20:00 horas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
18 Mai
0

LETRAS GALEGAS MOAÑA Maio 2023

PROGRAMA LETRAS GALEGAS MOAÑA Maio 2023

Francisco Fernández del Riego


Ler máis...
15 Mai
0

As Letras Galegas con Francisco Fernández del Riego

As Letras Galegas con Francisco Fernández del Riego

O vindeiro mércores se celebra o día das Letras Galegas, que este ano 2023 se dedica a Francisco Fernández Del Riego. Na ludoteca faremos ponte ata ese día polo que centraremos a actividade en dous días para coñecer ao autor homenaxeado e aprender novos xogos populares:

  • Luns 15: PECHADO (PONTE)
  • Martes 16: PECHADO (PONTE)
  • Mércores 17: PECHADO (FESTIVO)
  • Xoves 18: BIOGRAFÍA (mural)
  • Venres 19: XOGOS POPULARES (xogos populares).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. O horario de apertura é de 16:00 a 20:00 horas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
12 Mai
0

PROTOCOLO DA IRMANDADE

PROTOCOLO DA IRMANDADE ENTRE O CONCELLO DE MEIRA E O CONCELLO DE MOAÑA

Aprobado o protocolo da Irmandade entre o Concello de Meira e o Concello de Moaña, que regula o programa de actividades para desenvolver de forma coordinada entre os dous concellos

Ler máis...
08 Mai
0

As cidades europeas

As cidades europeas

O Día de Europa é unha celebración que ten lugar o 9 de maio e grazas a el entendemos mellor que significa pertencer á cidadanía europea. Coñecer diferentes países de Europa e aprender sobre as súas cidades é fácil se o facemos xogando. E para coñecer as súas costumes, linguas, monumentos e curiosidades realizaremos obradoiros, xogos e dinámicas moi divertidas. 

  • Luns 8: PARÍS (obradoiro).
  • Martes 9: MADRID (obradoiro).
  • Mércores 10: AMSTERDAM (obradoiro).
  • Xoves 11: BERLÍN (obradoiro).
  • Venres 12: ROMA (xogo da oca temático).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. O horario de apertura é de 16:00 a 20:00 horas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
02 Mai
0

SPIDERKIDS

SPIDERKIDS

A vindeira semana o martes 2 é día non lectivo en Moaña polo que a ludoteca abrirá en horario de mañá: de 09:00 a 14:00 horas. 

A bondade e a xustiza son dous valores que Spiderman ensina aos nenos e nenas. Pero tamén ensina a predicar co exemplo, a recoñecer os propios defectos e fracasos, e a non culpar aos demais. Por isto, porque queremos converternos en pequenos superheroes do futuro, esta semana imos facer moitas actividades relacionadas con este fantástico personaxe:

  • Luns 1: PECHADO: FESTIVO NACIONAL
  • Martes 2: ANTIFACE E MUÑEQUEIRAS (obradoiro).
  • Mércores 3: BOLSAS ARÁCNIDAS (obradoiro).
  • Xoves 4: XINCANA SPIDER (xincana).
  • Venres 5: CESTAS DE DOCES (obradoiro).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. O horario de apertura é de 16:00 a 20:00 horas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
28 Abr
0

COMIC-CON MOAÑA 2023

COMIC-CON MOAÑA 2023

O venres 12 e Sábado 13 de Maio no alto da praza de Moaña realizaremos a Comic-con Moaña 2023. A festa do manga, dos videoxogos, dos cosplay, da arte, pero sobre todo da diversión e do entretemento para a rapazada de Moaña. Consulta o programa.

Ler máis...
28 Abr
0

Enquisa PACES á veciñanza de Moaña

Enquisa PACES á veciñanza de Moaña

Precisamos coñecer a opinión da veciñanza moañesa en diferentes materias mediombientais, para iso precisamos que cubrades este formulario ao que podedes acceder de forma dixital no seguinte enlace:

LINK Enquisa Informe Seguimento PACES á veciñanza de Moaña

Ler máis...
Ir o contido