Novas

07 Nov
0

A voltas co San Martiño

A voltas co San Martiño

Este ano a celebración do San Martiño non vai ser nin por asomo o que acostuma a ser, nin a tradición respecta a Covid-19!

Pero na ludoteca imos celebrar ao noso xeito esta festividade tan especial para a poboación moañesa, infancia incluída.

A programación diaria será a seguinte:

  • Luns 9: CANTOS CON TRADICIÓN (cancioneiro popular).
  • Martes 10: XOGOS DE ANTAÑO (xogos tradicionais).
  • Mércores 11: PECHADO. FESTIVO LOCAL
  • Xoves 12: INSTRUMENTOS TRADICIONAIS (obradoiro).
  • Venres 6: CONTOS E LENDAS (animación á lectura).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
03 Nov
0

DOBRA QUE TE DOBRA

DOBRA QUE TE DOBRA

A papiroflexia é unha arte xaponesa na que a través do pregado de papel se elaboran figuras e formas. A súa práctica é altamente beneficiosa xa que con ela as nosas crianzas melloran a coordinación óculo-manual, desenvolven a capacidade de concentración, aumentan a memoria, fomentan a creatividade, se relaxan…

Por todo o citado e porque ademais é divertido, esta semana na ludoteca imos dedicala a traballar con papel:

A programación diaria será a seguinte:

  • Luns 2: PECHADO
  • Martes 3: COMECOCOS DE PROBAS (obradoiro).
  • Mércores 4: ANIMAIS (obradoiro).
  • Xoves 5: CASIÑA DE ORIGAMI (obradoiro).
  • Venres 6: BONECO QUE BAIAL (obradoiro).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
30 Out
0

Visitas, plans e ideas para coñecer MOAÑA

Visitas, plans e ideas para coñecer MOAÑA

Moaña é unha vila que ten moito por ofrecer a quen a visita, tanto para aquelas persoas que veñen pasar unha xornada de lecer, como para as que deciden gozar das súas vacacións o noso concello.

Natureza e bosques autóctonos, aqueles que conservan aínda a dignidade arbórea pese ao paso do tempo; prehistoria e pasado medieval que se conxugaron para dar paso a unha cultura mariñeira arraigada no sentir da vila; música e folclore que acompañan celebracións senlleiras e competicións deportivas do máis alto nivel e, como non, praias que invitan ao refuxio nestas nosas augas atlánticas -que tan boa gastronomía nos agasallan- son algunhas das razóns polas que Moaña é sempre unha magnífica elección.

“sempre atopa un novo motivo para retornar unha vez máis”

  • Moito por ofrecer.
  • Para quen viaxa en familia
  • Para quen ama o sendeirismo
  • Para quen busca a cultura mariñeira
  • Para quen segue as pegadas da historia
  • Ollar Moaña dende as alturas
  • De area e pedras molladas

TURISMO DE MOAÑA 2020

Ler máis...
28 Out
0

I certame de relato curto en igualdade Lonxa Literaria Concello de Moaña

Dende a Concellaría de Mocidade e Igualdade e a Lonxa Literaria de Moaña, presentamos o I certame de relato curto en igualdade Lonxa Literaria Concello de Moaña

Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, sen límite de idade, sempre e cando os relatos teñan unha temática relacionada coa igualdade de oportunidades ou con calquera temática que poña o seu acento na visibilización da discapacidade, ou que o seu fío condutor sexa claramente o mundo da diversidade funcional ou sexual.

Ler máis...
28 Out
0

3 cursos GRATUITOS de Informática en formato videoconferencia

A Concellaría de Mocidade dende a cMo – Casa da Mocidade de Moaña e a aula ceMIT de Moaña ven de presentar 3 cursos GRATUITOS de Informática en formato videoconferencia

A Concellaría de Mocidade dende a cMo – Casa da Mocidade de Moaña e a aula ceMIT de Moaña ven de presentar 3 cursos GRATUITOS de Informática en formato videoconferencia, enfocados para Mocidade, para este mes de Novembro. Para acceder ao curso tan só tes que premer neste enlace e facerte usuario da plataforma ceMIT. Alí poderás inscribirte para os cursos.
https://cemit.xunta.gal/

  • Recursos e Ferramentas online para traballosComezo Luns, 2 de novembroDescripción: Formación en modalidade de videoconferencias.Todos os luns de novembro de 19:00 a 20:00.Busqueda en liña de imaxes, videos, audios, plantillas, recursos para realizar traballos.
  • Aplicacións Ofimáticas con Google SuiteComezo Martes, 3 de novembroDescripción:Formación en modalidade de videoconferenciaTodos os martes e xoves (xoves 12 novembro non habería clase por examen do Codix), en horario de 17:00 a 18:00.Documentos, folla de cálculo, presentacions e formularios.
  • Recursos para educaciónComezo Sábado, 7 de novembroDescripción: Formación en modalidade de videoconferencia.Todos os sábados de novembro de 16:00 a 17:30.Correo electrónico, manexo de drive, proxectos, genially, classroom, youtube studio…

Ler máis...
27 Out
0

Regulación dos Cemiterios Municipais ante a festividade de Todos os Santos e de Defuntos

Regulación dos Cemiterios Municipais ante a festividade de Todos os Santos e de Defuntos

O Concello de Moaña vén de adoptar unha serie de medidas en consonancia coas recomendacións aprobadas pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, para garantir a apertura segura dos cemiterios municipais de Trigás e Domaio.

  • Os cemiterios municipais permanecerán abertos dende as 10 h. ás 20 h., ao obxecto de que as visitas se realicen de xeito escalonado.
  • O tempo máximo de permanencia no camposanto será de 30 minutos.
  • Os grupos de visita serán dun máximo de 4 persoas, sexan da mesma familia ou convivintes.
  • As persoas voluntarias de Protección Civil controlarán o acceso aos cemiterios municipais de Trigás e Domaio.
  • Deben respectarse os carteis indicativos instalados, así como os circuítos de entrada e saída aos camposantos.
  • Obrígase á desinfección das mans no acceso, para iso instalaremos dispensadores de xel hidroalcólico nas entradas aos cemiterios, así como en espazos habilitados no interior dos mesmos.
  • Lémbrase o uso obrigatorio de máscara en todo momento e a necesidade de manter a distancia mínima interpersoal de 1,5m.
  • Non se realizarán celebracións litúrxicas nos Cemiterios Municipais.
  • Recoméndase á veciñanza que adianten as visitas ao Cemiterios aos días previos á celebración da festividade de Todos os Santos e Día dos Defuntos, para evitar aglomeracións.

Ler máis...
26 Out
0

UN SAMAÍN DE MEDO

UN SAMAÍN DE MEDO

Achégase o 31 de outubro, día no que se da a benvida a unha das noites máis tradicionais galegas. En gaélico, Samhain significa “fin do verán”, pois os antigos celtas o celebraban nese momento de transición do estío ao inverno. É tamén a noite na que os druídas celebraban unha festa celta para honrar aos ancestros a través de numerosos ritos.

Este ano, a pesar de non poder realizar ningún tipo de festa na ludoteca polas recomendacións sanitarias, non imos quedar sen celebrar durante toda a semana este ritual con numerosas actividades e obradoiros.

A programación diaria será a seguinte:

  • Luns 26: MONSTROS DE CARTÓN (obradoiro).
  • Martes 27: TEAS DE ARAÑA (obradoiro).
  • Mércores 28: TARXETA MONSTROSA (obradoiro).
  • Xoves 29: ADORNOS TERRORÍFICOS (obradoiro).
  • Venres 30: PECHADO

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
19 Out
0

Desfile do SAMAIN co espectáculo “LUME” venres 30 Outubro

ADÍASE O DESFILE ATA QUE MELLOREN AS CONDICIÓNS SANITARIAS

Desfile do SAMAIN co espectáculo “LUME” venres 30 Outubro

Este ano o SAMAÍN de Moaña será moi atractivo co desfile do espectáculo “LUME” de Troula Animación , será o vindeiro venres 30 de outubro ás 20,00h, pola Rúa Concepción Arenal.
Medidas Anti Covid-19:
Pregamos gardar as distancias de seguridade e é obrigatorio o uso de máscara.
Contaremos coa presencia de Protección Civil para o control do desfile.

Ler máis...
19 Out
0

Actividades de matemáticas

Actividades de matemáticas

Grazas ás matemáticas os nenos e as nenas empregan contidos que contribúen ao desenvolvemento de habilidades, procesos cognitivos e a destrezas que son necesarias para a súa formación integral.

E grazas ao xogo hai coñecementos que son máis doados de adquirir, por iso mediante dinámicas, obradoiros e xogos, imos proporcionarlles algunhas das ferramentas necesarias que lles permiten desenvolver a competencia e a intelixencia matemática para que sexan quen de pensar por si mesmos e mesmas e aplicar o pensamento (numérico, lóxico, espacial, causa, temporal…) a situacións da vida cotiá.

A programación diaria será a seguinte:

  • Luns 19: MATEMÁTICAS CON MATERIAIS (figuras, series…).
  • Martes 20: MATEMÁTICAS NA NATUREZA (clasificacións, simetrías…).
  • Mércores 21: OBRADOIROS CON SECUENCIAS (obradoiro).
  • Xoves 22: BINGO LUDO (bingo con probas matemáticas).
  • Venres 23: SAÍDA: RECHOUCHÍOS (Quintela).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
13 Out
0

Hoxe toca

Hoxe toca

Na ludoteca cada día é distinto: uns días xogos, outros obradoiros, música, saídas ao patio exterior… O importante é divertirnos, e facer todo aquilo que nos gusta para pasalo ben.

A programación diaria será a seguinte:

  • Luns 12: PECHADO (FESTIVO NACIONAL).
  • Martes 13: MÚSICA (oca musical).
  • Mércores 14: TEATRO (interpretación dun conto).
  • Xoves 15: CINE (curtas e vídeo fórum)
  • Venres 16: OBRADOIROS (portafotos)

Ir o contido