Volvemos cos Rechouchíos do inverno!

Cada venres ás 18.00 h as nenas e os nenos de Moaña esperan impacientes para recibir unha morea de actividades ao berro de Chío, chío. Rechouchío. Desta maneira é como presentamos a nosa programación infantil cunha chea de contos, maxia, teatro, recitados… e moita música e moitos xogos. No Nadal a programación vaise emitir á mesma hora pero nas tardes dos mércores 23 e 30 de decembro.

Desta volta e por mor do coronavirus, a programación desenvolverase sen público e retransmitirase en directo para que as nenas e os nenos de Moaña e de calquera parte do mundo poida asistir desde as súas casas. Conéctadevos nas datas e horas indicadas no facebook.com/ConcellodeMoanha ou facebook.com/rechouchios