Sen violencia!

O 25 de novembro se celebra, ano tras ano, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A educación pode ser unha gran a aliada nesta labor polo que mediante dinámicas de diferentes características traballaremos o rexeitamento á violencia en calquera dirección e relación.

A programación diaria será a seguinte:

  • Luns 23: RAMO DE FLORES VIOLETA (obradoiro)
  • Martes 24: ROLE PLAYING: A METADE DE XOÁN (dinámica de interpretación).
  • Mércores 25: PECHADO
  • Xoves 26: COUSAS DE CHICOS OU DE CHICAS (mural).
  • Venres 27: BANDA DESEÑADA (animación á lectura).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).