Revolución Musical
A música reforza de maneira positiva que os nenos e as nenas poidan expresarse mellor, ao tempo que desenvolven a parte locomotora co cerebro. Ademais, ao combinarse co baile, estimúlanse os sentidos do equilibrio e o desenvolvemento muscular. Na ludoteca sabemos o importante e divertido que é empregar a música para as crianzas e por iso temos unha programación adaptada a esta temática.
A programación diaria será a seguinte:
- Luns 7: PECHADO. PONTE DO CONCELLO
- Martes 8: PECHADO. FESTIVO NACIONAL
- Mércores 9: MARACAS (obradoiro).
- Xoves 10: TRIVIAL MUSICAL (xogo do trivial adaptado).
- Venres 11: CLASES DE BAILE: ZUMBA, ROCK… (bailes).
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.
Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).