Inverno en Camiño
Deixando atrás un outono de altas temperaturas, de repente chegou o frío… sinal de que o inverno está a punto de chegar. E claro, coas baixas temperaturas chegan os gorros, as bufandas e… a ilusión de que tamén chegue a neve. Na ludoteca cambiaremos estes días a decoración para adecuala ao inverno e ao Nadal ‘e tamén realizaremos algún obradoiro relacionado con esta nova estación que comeza.
A programación diaria será a seguinte:
- Luns 14: LETRAS DE INVERNO (obradoiro decoración).
- Martes 15: DECORACIÓN INVERNAL (decoración).
- Mércores 16: BONECOS DE NEVE (obradoiro).
- Xoves 17: CONTOS DE INVERNO (animación á lectura).
- Venres 18: CHEGA O NADAL (obradoiro).
- Luns 21: ÁRBORE DE NADAL (obradoiro).
- Martes 22: GUIRNALDAS DE NADAL (obradoiro).
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.
Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).