Ciclo Documental Ambiental
Proposta coordenada polas Concellarías de Medio Ambiente e Mocidade (Odilo BArreiro e Xosé Daniel Costas). En horario de tarde os martes ás 18:00h. e en horario de mañán coincidindo cos datas non lectivas, nas vacacións de Nadal do alumnado. Esta actividade está feita en colaboración con CEIDA Centro de esxtensión universitaria e divigulgación ambiental de Galicia, que nos prestan os documentais SEGUINTES:
2050
- Produce: Ruth Chao, Javier Silva.
- Ano: 2006
- Duración: 52 minutos.
- Sinopse: Documental que aborda un dos maiores problemas que está a afrontar a humanidade: o cambio climático. Nel danse cita as máximas autoridades mundiais recoñecidas por Nacións Unidas en materia de cambio climático, que foron entrevistadas no Cumio Mundial sobre Cambio Climático que Nacións Unidas celebrou en Montreal no 2006.
BLOOD COLTAN
- Produce: Patrick Forestier.
- Ano: 2007
- Duración: 54 minutos.
- Sinopse: O coltán, ata fai pouco un material prácticamente descoñecido, convertíuse no novo ouro negro do continente africano. Crucial para a fabricación de novas tecnoloxías como telefonía móbil, portátiles e outros dispositivos electrónicos, atópase en importantes cantidades na zona este da República Democrática do Congo e a crecente demanda por parte de Occidente está propiciando matanzas na rexión. Baixo a vixiancia das milicias rebeldes, incluso os nenos extraen este material de forma perigosa nas minas.
ASOLAGADOS
- Produce: Airoá Comunicación
- Ano: 2015
- Duración: 60 minutos.
- Sinopse: Documental sobre a xente e os seus pobos, anegados polo encoro de Belesar en 1963. Imaxes e sons da Ribeira Sacra e do río Miño, restos das casas, das bodegas, das árbores… e especialmente das dez testemuñas que viviron nestes lugares antes da construcción do salto, momento no que se viron obrigados a deixalo todo. Un documental que pretende deixar constancia do cambio da paisaxe das ribeiras do Río Miño e preservar a memoria de todas as personas que tiveron que reinventar por completo as sús vidas e costumes.
QUEIMAR O MONTE
- Produce: Walkie Talkie Films
- Ano: 2012
- Duración: 55 minutos.
- Sinopse: Rodado en Galicia durante a primaveira e verán de 2012, este documental analiza as causas dun dos principais problemas ambientais de Galicia, os incendios forestais. Cada ano uns 10.000 incendios se producen no noso territorio. Nos últimos trinta anos queimouse unha superficie equivalente á terceira parte de Galicia.