Do 30 de novembro ao 4 de decembro: TOD@S SOMOS UN POUCO MARCIAN@S
Co obxectivo de reconstruír un mundo moito mellor despois da COVID-19 e facéndoo coincidir coa celebración da Semana Internacional das Persoas con Discapacidade, durante esta semana traballaremos a través de xogos e dinámicas diversos temas transversais: a inclusión, a diversidade, a aceptación, o respecto, a sostibilidade… Todo dende unha visión accesible, onde a rapazada poida comprobar que sexas como sexas formas parte dun mundo global, e que non hai que deixar a ninguén atrás, garantindo así a integración e a igualdade social.
A programación diaria será a seguinte:
- Luns 30: VAI DE MARCIAN@S (dramatización)
- Martes 1: FAMILIA DE CORES (tipos de familias).
- Mércores 2: DEPORTE E DIVERSIDADE (obradoiro – mural).
- Xoves 3: OBRADOIRO DIVERSIDADE (obradoiro).
- Venres 4: A DIVERSIDADE CULTURAL (obradoiro).
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.
Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).