A Partir das 12:00h. do mércores 18 de novembro de 2020, comeza a nova Páxina-Blog da cMo- Casa da Mocidade de Moaña.

Coa idea de ter un lugar físico onde a mocidade moañesa poida acceder a información relacionada non só coa mocidade senón con todas as actividades que se realizarán na cMo e as diferentes actividades da localidade, actualización das diferentes bolsas de estudos, certame e premios nos que poder participar, cursos e información centrados en Moaña e na comarca do Morrazo.

Esperamos que esta páxina-blog se converta nunha ferramenta para a mocidade e a sociedade moañesa, que sexa máis útil que a información que se traslada dende as redes sociais, xa que estas son efémeras e este contido quedará almacenado para a súa consulta con moita máis facilidade.

Podedes acceder no seguinte enlace: https://concellodemoana.org/cMo-casadamocidade/