O Concello de Moaña solicitou un total de TRES DESFIBRILADORES ao amparo das “Bases e convocatoria de subvencións a entidades locais da provincia de Pontevedra con poboación inferior a 20.000 habitantes para entrega de desfibriladores durante o exercicio 2019”, publicadas no boletín oficial da provincia de Pontevedra número 113 de data 14/06/2019, aceptándoas integramente.
Os desfibriladores destináronse aos seguintes edificios públicos de uso deportivo:
• Pavillón de Reibón.
• Campo de futbol O Casal.
• Pavillón de O Rosal.
Grazas ao apoio da Deputación de Pontevedra, o Goberno Municipal de Moaña segue a apostar pola seguridade e a saúde nas instalacións deportivas municipais.