Semana universal dos menos e das nenas
O venres 20 de novembro é un día moi importante: celébrase o Día Mundial dos Dereitos da Infancia. Todas as persoas temos dereitos dende que nacemos, e os temos polo simple feito de estar vivos. E, ademais de dereitos, temos deberes, que son as tarefas que hai que facer para que todas as persoas poidan vivir ben.
Na ludoteca, mediante o xogo e diferentes dinámicas, imos aprender sobre dereitos e deberes, e tamén sobre a importancia de defendelos e respectalos.
A programación diaria será a seguinte:
- Luns 16: PECHADO
- Martes 17: TARXETAS DE LEI (tarxetas dos dereitos).
- Mércores 18: QUE QUEREN OS NENOS E NENAS? (dinámica)
- Xoves 19: COCIÑANDO OS DEREITOS (obradoiro de plastilina).
- Venres 20: ASÍ SON EU (obradoiro de animación á lectura).
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.
Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).