INFORMÁTICA básica para familias
Durante este mes de novembro a mocidade de Moaña está tendo formación específica en informática a través da aula ceMIT e a concellería de Mocidade, con tres cursos por videoconferencia.
Dende a Concellería de Ensino de Moaña trasladouse aos centros de ensino e Institutos da localidade a petición de que estes envíen as previsións dos alumnos e familias moañesas que carecen tanto de conexión a internet coma a falta de medios técnicos para poder traballar dende as súas casas.
E por último presentamos unha formación específica para familias, individualizada e adaptada a cada familia en contidos e en horario. Esta medida pretende rachar coa fenda dixital non noso concello. Achegarnos ás familias para que se teñen dificultades para adaptarse á nova realidade virtual dos estudos das crianzas moañesas, dende o concello intentar paliar esta dificultade e traballar para que esta familias teñan os recursos necesarios e a formación básica de calidade.
Dende o concello plantexamos esta ALERTA CAVID19 como unhas medidas necesarias para paliar as miserias desta pandemia. Se ben entendemos que tería que ser a Consellería de Educación quen traballara para evitar esta fenda dixital, e para que as persoas con maiores dificultades poidan acceder en igualdade á ensinanza publica, nós dende o Concello traballamos para evitar esta desigualdade e mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza.