Novas
O obxectivo desta actividade é fomentar as prácticas responsables de coidado do medio mariño a través da práctica de deportes náuticos.
A iniciativa obtivo financiamento a través do GALP 7: Ría de Vigo-A Guarda e arrinca o día 1 de setembro
O Concello de Moaña ofertará durante os primeiros días de setembro a realización de actividades deportivas náuticas para todo o alumnado de primaria dos centros educativos do municipio dentro da iniciativa Da Aula ao Mar do proxecto Aulamar, financiado a través dos Grupos de Acción Local e Pesqueira, e que conta cun orzamento que supera os 65.000 euros.
Baixo a denominación “Da Aula ao Mar” a actividade realizarase unha sesión de catro horas distribuídas en dúas partes. A primeira delas levarase a cabo en terra, nas instalacións que a empresa Tierra y Mar multiaventura ten no porto de Moaña. O alumnado terá o seu primeiro contacto cunha embarcación de vela e recibirá as primeiras nocións de navegación e correntes mariñas. A segunda parte será totalmente práctica onde as crianzas poderán vivir a experiencia de patronear un barco e de remar a bordo dun kaiak. Acercaranse a unha batea para coñecer a importancia do ecosistema mariño na economía local e do coidado do medioambiente e dos fondos.
O programa, dirixido a todo alumnado que cursou calquera nivel de primaria durante o curso escolar 2019/2020 non centros educativos de Moaña e totalmente gratuíto, iniciarase o 1 de setembro e estará activo ata o 9 de setembro, véspera da data prevista para o inicio do curso escolar. O alumnado que desexe participar poderá elixir quenda de mañá de 10:00 a 14:00 horas, ou tarde de 16:00 a 20:00 horas.
O prazo de inscrición está aberto desde hoxe ata o 8 de setembro e poderase formalizar dita inscrición nas instalacións da Casa da Mocidade (Rúa María Martín, s/n – Urb. O Rosal) de 11:00 a 13:30 ou de 16:30 a 19:30 horas.
Días de Mar de Moaña
Domingo 23 de agosto de 2020
Xardíns do Concello de 11:00h a 21:00h
11:00h Apertura da Feira
11:30h Concurso degustación de mel
12:30h Música con Cé Orquestra Pantasma
13:20h Sorteo de produtos da feira
13:30h Agasallo de mel a Marina Oliveras e Manuel Paz Romero (mellores deportistas de Moaña)
18:00h Rastrexo en busca do tesoro de mel
19:20h Sorteo de cea para dúas persoas
19:30h Gaiteiros de Meiramar – Axóuxeres
Cartel II Feira do mel

Días de Mar de Moaña
Venres 21 de agosto as 22:30h
Paseo de Domaio (Xunto ao Multiusos)
Cartel do concerto

Dende o día 11 de agosto, ás 17 horas e na oficina de Turismo, estarán dipoñibles as entradas para a edición do Festival Son de Mar deste ano. Terá lugar no Arboredo da Xunqueira o domingo 16 de agosto. Contará coas actuacións de Cé Orquesta Pantasma a partires das 19:30 horas e de FIANDOLA, a partires das 21 horas.
Cartel Festival Son de Mar

Dende hoxe ás 17:00 horas, dispoñibles as entradas na plataforma http://reservas.gal/ para a edición do Varadero Fest deste ano.
Terá lugar o día 22 deste mes de agosto a partir das 19:00 horas no parque de San Bartolomeu.
Cartel edición do Varadero Fest deste ano

Mércores 5, ás 21 horas, no Palco da Música: Maxia pola igualdade.
Mércores 12, ás 20 horas no arboredo da Xunqueira: Contos pola igualdade.
Mércores 19, ás 21:30 horas, no Palco da Música: Cinema de historias.


Entradas para a IV edición do Festival de Jazz de Moaña, que se celebrará os días 14 e 15 deste mes de agosto no arboredo da Xunqueira.
Poderanse adquirir na plataforma www.reservas.gal ou ben na oficina de Turismo do concello dende o xoves 6 de agosto ás 17:00 horas.

Subvención para custos de dotación de persoal para tarefas de información en oficinas de turismo.
A Deputación Provincial de Pontevedra, mediante acordo da súa Xunta de
Goberno de data 15.05.2020 concedeu a este Concello unha subvención de
5.804,84 euros, equivalente ao 75% do custo da contratación, para a
contratación dunha persoa para a realización de tarefas de información na
oficina de turismo.
Esta subvención concédese ao abeiro das “Bases reguladoras para o
financiamento dos custos da dotación de persoal para a realización de tarefas de información en oficinas de turismo adheridas á rede de oficinas de turismo info Rías Baixas durante o ano 2020” (BOPPO Núm. 29 do 12/02/2020)

