Subvención para custos de dotación de persoal para tarefas de información en oficinas de turismo.
A Deputación Provincial de Pontevedra, mediante acordo da súa Xunta de
Goberno de data 15.05.2020 concedeu a este Concello unha subvención de
5.804,84 euros, equivalente ao 75% do custo da contratación, para a
contratación dunha persoa para a realización de tarefas de información na
oficina de turismo.
Esta subvención concédese ao abeiro das “Bases reguladoras para o
financiamento dos custos da dotación de persoal para a realización de tarefas de información en oficinas de turismo adheridas á rede de oficinas de turismo info Rías Baixas durante o ano 2020” (BOPPO Núm. 29 do 12/02/2020)