Novas

15 Mar
0

Subvención Liña 2. Gasto corrente. Plan Concellos 2020

A Deputación Provincial de Pontevedra, mediante acordo da súa Xunta de Goberno de data 28.02.2020, concedeu a este Concello unha subvención de 70.416,71 euros, ao abeiro da finalidade gasto corrente novo, da Liña 2, do Plan Concellos 2020, para o cofinanciamento do servizo de limpeza viaria deste Concello durante 4 meses.

Ler máis...
09 Mar
0

Viaxe aos confíns do universo – Ludoteca

Os conceptos tan abstractos coma o universo son moi difíciles de explicar ás crianzas, pois estas soen fixarse no que teñen ao redor pero todo o que se escapa da súa visión é complicado de entender a nivel espacial. Para despertar o seu interese por coñecer e comprender o espazo imos a mostrarlles primeiro unha idea global, na que imos interrelacionar todos os conceptos a un mesmo tempo, mediante o xogo, dinámicas divertidas e obradoiros. Así:

  • Luns 9: NEBULOSAS (obradoiro).
  • Martes 10: OBRADOIRO OVNI (obradoiro).
  • Mércores 11: SISTEMA SOLAR (obradoiro).
  • Xoves 12: XOGO DO ESPAZO (xogo con fichas).
  • Venres 13: SAÍDA RECHOUCHÍOS: Centro Sociocultural Ramón Cabanillas, O Real: ATENEA GARCÍA: BICHOCAS

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
09 Mar
0

RECHOUCHÍOS actividades para público infantil e familiar, marzo e abril 2020

RECHOUCHÍOS actividades para público infantil e familiar, marzo e abril 2020 – Programa de dinamización lectora e lingüística

PULSAR EN IMAXE PARA VER O PROGRAMA DE MARZO E ABRIL 2020

Ler máis...
02 Mar
0

Escola de familias – Educar en igualdade

ESCOLA DE FAMILIAS – EDUCAR EN IGUALDADE

Habilidades sociais, autoestima e resolución de conflictos.

Educar en positivo.

(Martes 3 e miércoles 4 de marzo)

Ler máis...
02 Mar
0

MULLERES QUE FIXERON HISTORIA – 8 de marzo Día Internacional da Muller Traballadora

MULLERES QUE FIXERON HISTORIA

O 8 de marzo é o Día Internacional da Muller Traballadora. Un día para recordar o papel e a dignidade das mulleres no proceso de conciencia do seu valor humano dentro da sociedade. Un día para recordar e recuperar a loita das mulleres pola igualdade, o recoñecemento e o exercicio efectivo dos seus dereitos. Por todo isto, queremos adicar esta semana ás mulleres, e entre todas, a aquelas que fixeron historia e deste xeito resaltar a importancia da actuación da muller en todos os ámbitos da vida. 

  • Luns 2: GLORIA FUERTES (mural e obradoiro de poemas).
  • Martes 3: MARIE CURIE (mural e experimentos).
  • Mércores 4: FRIDA KAHLO (mural e obradoiro artístico).
  • Xoves 5: VALENTINA TERESHKOVA e CHRISTINA KOCH (mural e obradoiro espacial).
  • Venres 6: MALAYA YOUSAFZAI (mural e obradoiro dos dereitos).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
24 Feb
0

O ENTROIDO na Ludoteca

O ENTROIDO

E case sen darnos conta chegou unha das épocas do ano máis ansiada polos nenos e nenas: o Entroido. Disfrazarse, comer filloas e orellas, peitearse e pintar a cara, bailar… todo lles gusta. Por iso imos crear un disfrace para cada día durante as vacacións da escola e a xogar e disfrutar da “Xoubiña” despois. Así:

  • Luns 24 (de 09:00 a 14:00 horas): COLECTORES (disfrace).
  • Martes 25 (de 09:00 a 14:00 horas): CHEFS (disfrace).
  • Mércores 26 (de 09:00 a 14:00 horas): EXIPTO (disfrace).
  • Xoves 27 (de 16:00 a 20:00 horas): XOGOS DE ENTROIDO (xogos populares).
  • Venres 28 (de 16:00 a 20:00 horas): “A XOUBIÑA: INVENTAMOS CONTOS (actividade de animación á lectura).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
17 Feb
0

O DESCUBRIMENTO DE AMÉRICA, coñecer a historia para comprender o mundo actual. Ludoteca.

Hai acontecementos que cambian por completo o xeito no que vemos o mundo que nos rodea, e se consideran Revolucións Sociais. O descubrimento de América foi un suceso que cambiou a historia da humanidade e xurdiu por parte dun navegante: Cristovo Colón, que foi o primeiro en establecer unha ruta segura cara o novo continente. Orixinouse así un verdadeiro intercambio cultural e económico cunha nova terra chea de recursos por descubrir. E coñecer a historia para comprender o mundo actual é un dos obxectivos que nos marcamos durante esta semana. Traballaremos con diferentes dinámicas e técnicas para entender de xeito lúdico esta parte da historia:

  • Luns 17: A RUTA DAS AMÉRICAS (maquetando a ruta).
  • Martes 18: LIBRO CRISTOVO COLÓN (libro para colorear).
  • Mércores 19: O GORRO DE COLÓN (obradoiro).
  • Xoves 20: PASATEMPOS (pasatempos do descubrimento).
  • Venres 21: XINCANA DAS AMÉRICAS (xincana).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
17 Feb
0

Día de ROSALIA venres 21 de febreiro ás 17:30h

Día de ROSALÍA DE CASTRO o venres 21 de febreiro ás 17:30h no Centro Sociocultural Rosalía de Castro de Domaio.

Ler máis...
13 Feb
0

ENTROIDO MOAÑA 2020 do 22 de febreiro ao 1 de marzo

Xa dispoñible a programación do entroido 2020 en Moaña

ENTROIDO MOAÑA 2020, DO 22 DE FEBREIRO AO 1 DE MARZO

SÁBADO 22 DE FEBRElRO
17.00 h Pregón de apertura do Entroido a cargo da comparsa Sen tempo non era. Actuación das comparsas. Degustación de orellas e filloas. Na carpa do Entroido no paseo marítimo de Moaña
Organiza: Concellaría de Cultura
Colabora: Asociación de Mulleres de Moaña e CEIP Reibón
19.30 h Actuación de comparsas na Casa da Cultura de Verducedo
Organiza: A.W. Berducedo-O Piñeiro
Colabora: Concellaría de Cultura
23.30 h Festa do Entroido: actuación do grupo Lasto Kinsky e DJ Panza na carpa do Entroido
Organiza: Asociación A Fontenla e Asociación O Fisgón
Colabora: Concellaría de Cultura

DOMINGO 23 DE FEBRElRO
12.00 h Festival de Comparsas de Domaio no adro de San Benito de Domaio
(se chove, no C.S. Rosa lía de Castro)
Organiza: A.F.C. Charaviscas
Colabora: Concellaría de Cultura
17.00 h Actuación de comparsas ao longo da tarde no paseo marítimo
17.00 h Carnaval Tradicional de Meira. Saída do desfile de Madamas e Galáns dende O Pazo Redondo (O Pombal, Meira) ata o paseo de San Bartolomeu onde se realizarán as danzas tradicionais
Organiza: A.F.C.X. Meiramar-Axóuxeres
Colabora: Concellaría de Cultura

LUNS 24 DE FEBRElRO
17.30 h-20.00 h Obradoiros, música e animación infantil no alto da praza de abastos
Organiza: Concellaría de Cultura
17.00 h Actuación de comparsas ao longo da tarde no Rosal e As Barxas
20.30 h Festival de Comparsas no IES As Barxas
Organiza: Concellaría de Cultura
Colabora: IES As Barxas

MARTES 25 DE FEBRElRO
17.00 h-20.00 h Concurso infantil de disfraces e exposición dos debuxos do “Concurso de carteis do Entroido” no pavillón da Xunqueira
Organiza: Balonmán Moaña e Concellaría de Cultura
20.00 h Festival de Comparsas no C.S. Daniel Castelao (Quintela)
Organiza: A.W. A Bouza-Quintela
Colabora: Concellaría de Cultura
22.30 h Concurso de disfraces individua is no pavillón da Xunqueira e Festa do Entroido
Organiza: Balonmán Moaña e Concellaría de Cultura

MÉRCORES 26 DE FEBRElRO
17.30 h-19.00 h Obradoiros, música e animación infantil na carpa do Entroido (se chove, no alto da praza de abastos)
Organiza: Concellaría de Cultura

XOVES 27 DE FEBRElRO
17.30 h Festa do Entroido da Escala de Música no Auditorio do C.S. Daniel Castelao (Quintela). Actuación de comparsas da escala.
19.00 h Actuación de comparsas no Con e no Real

VENRES 28 DE FEBRElRO
20.00 h Actuación de comparsas no C.S. Castroviejo (Tirán)
Organiza: A.W. de Tirán “O Pegho”
Colabora: Concellaría de Cultura
22.30 h Festival do Entroido na Carpa do porto de Domaio
Organiza: A.C. Animado
Colabora: Concellaría de Cultura

SÁBADO 29 DE FEBRElRO
17.00 h Enterro da Xoubiña. Desfile e espectáculo pirotécnico
(se chove, trasládase ao domingo 8)
Organiza: Concellaría de Cultura
Colabora: Centros de ensino e ANPAS do Concello de Moaña
19.00 h Actuación de comparsas no adro da Peregrina (O Latón) (se chove, no CEIP A Guía)
Organiza: Asociación Comisión de Festas da Peregrina
Colabora: Concellaría de Cultura
23.00 h Festa e Concurso de Comparsas e DJ Shakusky e DJ lvan Alonso na carpa do Entroido
Organiza: Concellaría de Cultura
Colabora: Comparsa Vaille dando

DOMINGO 1 DE MARZO
17.00 h Enterro da Sardiña. Saída dende a rúa Ramón Cabanillas ata Concepción Arenal. Desfile e espectáculo pirotécnico

Ler máis...
11 Feb
0

O QUE ARDE unha historia de lume e sacrificio.

ESTREA EN MOAÑA

Do filme en galego máis visto e premiado da historia.

Xoves 13 de ferreiro de 2020, 20:00h.
Venres 14 de febreiro de 2020, 20:00h.

Auditorio do IES As Barxas. Entrada de balde ata completar aforo.

Ler máis...
Skip to content