Novas

26 Xuñ
0

Manifesto do concello de de moaña polo día do orgullo 2020

Hai xa 30 anos, a Organización Mundial da Saúde suprimiu finalmente a homosexualidade da súa listaxe de enfermidades mentais, feito co que se pretendía acabar con case un século de homofobia médica e discriminación contra as persoas LGBT.

Porén, a pesar das innegábeis mellorías desde entón, a realidade internacional para o colectivo LGTB non mudou substancialmente ao redor do mundo e as persoas LGBT seguen a padecer discriminación pola súa orientación sexual e/ou identidade de xénero tamén na Galiza.

É importante sinalar que o período de confinamento imposto para frear a pandemia da COVID-19 puido ter como consecuencia o empeoramento da situación de moitas persoas LGBT o persoas ao se veren, en moitos casos, se ven obrigadas a voltaren para a casa onde podían padecer a LGBTfobia familiar, tamén se viron separadas da súa rede de apoio habitual e forzadas a se pecharen de novo no armario por medo ao rexeitamento e mesmo à violencia, tanto física como verbal.
Así, o risco de crear ou agravar problemas de saúde mental e/ou emocional debido a situación de illamento derivada do confinamento, que dificultou o mesmo imposibilitou o acceso ao apoio profecional durente este periodo, veuse agravado aínda máis dentro do colectivo LGBTfobia, xa de por sí máis vulnerábel a este tipo e problemas debido á discriminación que sofre.

Por culpa da pandemia, este ano non van poder ter lugar as marchas e manifestacións do Orgullo LGBT, cando menos do xeito habitual. Xustamente, por esta mesma razón é imperativo que sigamos a facer visibles os obstáculos e as discriminacións que continúan a asolar a vida das persoas LGBT e poñer ao seu dispor todas as ferramentas precisas para axudalas a superar, na medida do posíbel, as consecuencias da LGBTfobia.

Resulta, pois, máis urxente que nunca aproveitar o mes do Orgullo, e concretamente o Día Internacional do Orgullo LGTB que se celebra cada 28 de xuño, para reivindicar a necesidade da visibilidade das persoas LGBT como parte integral da nosa sociedade e para demandar unha maior atención sobre a necesidade de traballar contra a discriminación.

A homofobia e a transfobia son dúas formas de discriminación que non deben ter cabida nos nosos pobos e cidades, nin en ningún ámbito da nosa sociedade, por atentar contra a convivencia, o respecto para a diferenza e a diversidade, piares básicos que deben sustentar calquera sociedade democrática e plural.

Cómpre, neste sentido, que a institución municipal desenvolva un labor específico e planifique accións e actividades en colaboración co propio colectivo LGBT, non só con motivo do Día do Orgullo mais ao longo de todo o ano.

A Corporación Municipal de Moaña recoñece explícita e publicamente que os dereitos das persoas LGTB son dereitos humanos e que a diversidade sexual debe contemplarse como un dereito básico en calquera ámbito da vida.

Ler máis...
23 Xuñ
0

RECHOUCHÍOS DE VERÁN (xuño e xullo)

NORMAS DE HIXIENE E PREVENCIÓN

  • O acceso ao espazo comezará arredor de 20 minutos antes da actividade.
  • De 6 anos en adiante, é obrigatorio o uso de máscara en todo o recinto.
  • O público permanecerá sentado na cadeira que se lle asigne.
  • Tanto no recinto acoutado como nas inmediacións, débese manter
    a distancia de seguridade interpersoal de, cando menos, 1,5 m.
  • Ao rematar, sairase de forma graduada e por zonas, seguindo
    as indicacións da organización.

Biblioteca Pública Municipal de Moaña Ser vizo de Normalización Lingüística Servizo de Benestar Social, Mullere lgu.

Ler máis...
04 Xuñ
0

ABERTOS OS PRAZOS para a contratación pública

Están ABERTOS OS PRAZOS para a contratación pública que se resume no seguinte cadro.
Emprego público para mellorar os servizos municipais e contribuír a paliar a crise na que nos atopamos.


Accede ás bases de cada convocatoria na seguinte ligazón:

Ler máis...
02 Xuñ
0

Descubre moaña no verán – Roteiro

Rutas guiadas de balde

Ler máis...
27 Mai
0

Premios Youtubeir@s prazo de inscrición

Os Premios Youtubeir@s abren o prazo de inscrición nunha cuarta edición con 12 galardóns

Os Premios Youtubeir@s, organizados polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, -entre eles, o Concello de Moaña- das tres universidades e da Deputación da Coruña, lanzan a súa cuarta edición con cambios significativos nas súas bases e un incremento da súa dotación económica, que pasa dos 6.500 euros de 2019 a 7.500 euros para repartir nas doce categorías do certame neste ano.

O concurso estará aberto a todas as persoas maiores de 14 anos con canles e/ou vídeos en galego, autoproducidos, subidos a Youtube e que estean publicados con data posterior ao 27 de setembro de 2019. No caso de presentar unha canle, esta debe conter polo menos 5 vídeos, maioritariamente en galego e realizados con posterioridade a esa mesma data. Deste xeito, os Premios Youtubeir@s regresan por cuarto ano consecutivo co obxectivo de animar a creación de vídeos con temáticas e formatos diversos, dende vídeos de deportes, viaxes ou videoxogos até vídeoblogs políticos ou vídeoconsellos de moda. Ao tempo, buscan darlles visibilidade tanto á produción en galego coma á comunidade creadora e “Expandir a Rede”, como versa o lema deste ano.

Ampliación de categorías

Unha das grandes novidades desta cuarta edición de Youtubeir@s será a reorganización e ampliación das diferentes categorías. Se en 2019 o certame estaba dividido en oito galardóns, para este 2020 contémplanse doce diferentes. Así, o concurso contará cos seguintes premios: canle, vídeo, youtubeir@, calidade lingüística, impacto, calidade técnica, comunicación, creatividade, musical, didáctico, pioneiro e premio do público. Os tres primeiros acompañaranse cunha dotación económica de 1.000 euros, mentres que os nove restantes chegarán aos 500 euros. En total, Youtubeir@s repartirá entre as persoas gañadoras 7.500 euros.

O palmarés desta cuarta edición será escollido un ano máis por un xurado profesional, conformado por persoas de recoñecido prestixio. Nesta ocasión, estará conformado por Brais Romero, crítico audiovisual e director da revista A Cuarta Parede; Matías Tarrío, xornalista, redactor e director de programas de televisión; Rosa Moreiras, técnica do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames; Xoana, compositora e cantante; e a xornalista audiovisual Mabel Montes. O xurado decidirá a relación de finalistas en cada apartado con anterioridade ao acto de entrega e non poderá deixar deserta ningunha das categorías.

Prazo de inscrición

O prazo para inscribir os vídeos e canles no Premio Youtubeir@s abre este mércores, 27 de maio de 2020, e pecharase o 23 de outubro de 2020 ás 23.59 h. Cada participante debe inscribirse a través do formulario que figura na web www.youtubeiras.gal, onde se poden consultar as bases completas desta cuarta edición.

Premio do Público

O único galardón que non decidirá en exclusiva o xurado será o Premio do Público. Nesta cuarta edición, serán os/as seguidores/as quen propoñan os seus vídeos preferidos para concorrer neste apartado. As propostas poderanse facer só a través do formulario habilitado na páxina web do Proxecto Youtubeir@s, cumprirán cos mesmos requirimentos das bases xerais e realizaranse antes do 23 de outubro de 2020. Entre o 2 e o 16 de novembro, abrirase a través das redes sociais un formulario de votación. Os tres vídeos que reciban máis votos do público pasarán ao xurado dos premios, que ratificará a votación do público logo de comprobar que cumpre as bases xerais.

Ler máis...
19 Mai
0

Reapertura Biblioteca Municipal e axencias de lectura

A partir de hoxe martes 19 de maio, reapertura da Biblioteca Municipal e as Axencias de Lectura de Tirán e Domaio
Deixámosvos un cadro informativo cos novos horarios, os contactos e as normas vixentes no actual estado de alarma.

Ler máis...
13 Mai
0

Reanudación do proceso de selección de persoal temporal Plan Concellos 2020

O Concello de Moaña reactiva o proceso de selección de 30 persoas iniciado no mes de marzo e que fora interrompido polo estado de alarma.
Para cada posto de traballo a Oficina de Emprego xa suministrou en marzo 4 aspirantes, polo que 120 veciñas ou veciños de Moaña aspiran a eses 30 postos.
Con esta contratación o Concello inviste 316.798,30€ na reactivación do emprego, e por extensión, da economía local.
A contratación está parcialmente subvencionada pola Deputación de Pontevedra a través da liña 3 do Plan Concellos.
As probas prácticas serán realizadas os días 25, 26 e 27 de maio.
O seguinte decreto recolle toda a información sobre o proceso.

Ler máis...
06 Mai
0

Contratación de Auxiliares de Policía

O Concello de Moaña abre o prazo de presentación de solicitudes para a contratación temporal de 7 auxiliares de policía.
Coa publicación no BOP do 6/05/20 o prazo para presentar as solicitudes será desde o 7/05/20 ata o 13/05/20, ambos incluídos.
O proceso selectivo rexerase polas seguintes bases, que están publicadas na Sede Electrónica do Concello.

As solucitudes, xunto coa documentación, deben presentarse de acordo co formulario que se atopa na Sede Electrónica:


FORMA DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES ENTRE O 7/05/20 E O 13/05/20:
– Preferentemente a través dunha instancia xeral na Sede Electrónica do Concello (con certificado electrónico).
– De non ser posible, poderán presentarse en calquera oficina de correos polo procedemento de correo certificado administrativo.
– En último caso, poderase solicitar cita previa no teléfono 986310100 para realizar unha entrega presencial no rexistro municipal.

NOTA IMPORTANTE:
Dada a situación excepcional, non se require que os documentos a entregar estean compulsados para a admisión da solicitude.
Xa se comprobará a autenticidade dos mesmos con posterioridade.

Ler máis...
22 Abr
0

Adiantamos as bases da convocatoria Youtubeir@s 2020

A partir do 27 de maio próximo xa se poden presentar as novas creacións ao certame Youtubeir@s 2020.

As entidades organizadoras deste proxecto acordaron facer públicas as bases antes de iniciar o prazo de participación para facilitarlles a todas as persoas interesadas as condicións que deberán reunir para optar a algún dos galardóns. Deste xeito, a vitalidade creativa que se está amosando durante o período de confinamento poderá canalizarse tamén á participación nos premios.

Youtubeir@s, tanto con estes premios como coas demais actividades que inclúe -formación, divulgación, encontros coa comunidade etc.-, ten como obxectivo ampliar o uso do galego na produción audiovisual non profesional que se distribúe polas redes, convidando as persoas a compartiren contido en galego e a incorporaren a nosa cultura, as nosas tradicións e o noso saber a estas canles e colaborando a difundir os traballos e as persoas que os producen para crear e asentar a comunidade youtubeira.

O evento máis sobranceiro do programa, activo desde 2016, é a convocatoria anual do concurso, que este ano incorpora novidades. A primeira e máis destacada é a modificación e ampliación de categorías, que pretende dar cabida á totalidade de xéneros que se están producindo e tamén recoñecer un máis amplo abano de cuestións relevantes no fenómeno youtubeiro. Como resultado desta modificación aumenta tamén o orzamento dedicado aos premios, que pasa aos 7.500 euros en total.

Establécense tres categorías principais dotadas con 1.000 euros cada unha: CANLE, YOUTUBEIR@ e VÍDEO.

Dótanse asemade con 500 euros outros nove premios nas modalidades: CALIDADE LINGÜÍSTICA, IMPACTO, CALIDADE TÉCNICA, COMUNICACIÓN, CREATIVIDADE, MUSICAL, DIDÁCTICO, PIONEIRO e DO PÚBLICO.

As persoas que desexen participar no certame deben ter en conta que os traballos teñen que estar publicados despois do 27 de setembro de 2019 e cumprir co resto das especificacións que recollen as bases da convocatoria

Youtubeir@s é un programa que organizan e manteñen os servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, Moaña, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago, Rianxo, Teo e O Grove, as universidades de Santiago, A Coruña e Vigo ademais da Deputación da Coruña.

Ler máis...
15 Mar
0

Anuncio Liña 3: Emprego. Plan Concellos 2020

A Deputación Provincial de Pontevedra, mediante acordo da súa Xunta de Goberno de data 07.02.2020, concedeu a este Concello unha
subvención de 222.936,72 euros, ao abeiro da Liña 3: Emprego. Plan Concellos 2020, destinada ao cofinanciamento da contratación de 30 traballadores desempregados a xornada parcial de 32,5 horas semanais, coas categorías profesionais e meses de contrato que se indican:

Ler máis...
Skip to content