Hai xa 30 anos, a Organización Mundial da Saúde suprimiu finalmente a homosexualidade da súa listaxe de enfermidades mentais, feito co que se pretendía acabar con case un século de homofobia médica e discriminación contra as persoas LGBT.

Porén, a pesar das innegábeis mellorías desde entón, a realidade internacional para o colectivo LGTB non mudou substancialmente ao redor do mundo e as persoas LGBT seguen a padecer discriminación pola súa orientación sexual e/ou identidade de xénero tamén na Galiza.

É importante sinalar que o período de confinamento imposto para frear a pandemia da COVID-19 puido ter como consecuencia o empeoramento da situación de moitas persoas LGBT o persoas ao se veren, en moitos casos, se ven obrigadas a voltaren para a casa onde podían padecer a LGBTfobia familiar, tamén se viron separadas da súa rede de apoio habitual e forzadas a se pecharen de novo no armario por medo ao rexeitamento e mesmo à violencia, tanto física como verbal.
Así, o risco de crear ou agravar problemas de saúde mental e/ou emocional debido a situación de illamento derivada do confinamento, que dificultou o mesmo imposibilitou o acceso ao apoio profecional durente este periodo, veuse agravado aínda máis dentro do colectivo LGBTfobia, xa de por sí máis vulnerábel a este tipo e problemas debido á discriminación que sofre.

Por culpa da pandemia, este ano non van poder ter lugar as marchas e manifestacións do Orgullo LGBT, cando menos do xeito habitual. Xustamente, por esta mesma razón é imperativo que sigamos a facer visibles os obstáculos e as discriminacións que continúan a asolar a vida das persoas LGBT e poñer ao seu dispor todas as ferramentas precisas para axudalas a superar, na medida do posíbel, as consecuencias da LGBTfobia.

Resulta, pois, máis urxente que nunca aproveitar o mes do Orgullo, e concretamente o Día Internacional do Orgullo LGTB que se celebra cada 28 de xuño, para reivindicar a necesidade da visibilidade das persoas LGBT como parte integral da nosa sociedade e para demandar unha maior atención sobre a necesidade de traballar contra a discriminación.

A homofobia e a transfobia son dúas formas de discriminación que non deben ter cabida nos nosos pobos e cidades, nin en ningún ámbito da nosa sociedade, por atentar contra a convivencia, o respecto para a diferenza e a diversidade, piares básicos que deben sustentar calquera sociedade democrática e plural.

Cómpre, neste sentido, que a institución municipal desenvolva un labor específico e planifique accións e actividades en colaboración co propio colectivo LGBT, non só con motivo do Día do Orgullo mais ao longo de todo o ano.

A Corporación Municipal de Moaña recoñece explícita e publicamente que os dereitos das persoas LGTB son dereitos humanos e que a diversidade sexual debe contemplarse como un dereito básico en calquera ámbito da vida.