Foto gañadora concurso FAITE UNHA FOTO NO COMERCIO LOCAL

Hoxe 4 de xaneiro ás 10,00h. reuniuse o xurado para escoller a foto gañadora do concurso FAITE UNHA FOTO NO COMERCIO LOCAL.

Entre o total das 45 fotos recibidas, o xurado escolleu a foto de ESTELA PAZ ALFONSO co lema: “No inverno e no verán, merca no comercio local”
O xurado destaca a simpatía e a orixinalidade da foto gañadora, que realmente era o que máis se valoraba nas bases do concurso.

O premio do concurso é unha tarxeta AGASALLO de 300 € para gastar no Comercio local de Moaña.