CIRCUÍTO DE XOGOS

Xa estamos aquí de volta en horario de tarde! Despois de todos estes días de vacacións de Nadal, temos que volver a poñernos en forma recuperando as rutinas, e que mellor maneira que xogando na ludoteca: imos correr, brincar, bailar, gritar, cantar… todo iso que estamos desexando facer. 

Así que imos comezar o segundo trimestre xogando e xogando e xogando. Facendo circuítos, cancións, obradoiros… Así:

  • Luns 11: EDUCACIÓN FÍSICA (xogos de educación física).
  • Martes 12: CIRCUÍTO COOPERATIVO (xogos cooperativos).
  • Mércores 13: TEATRO (xogos de treatro).
  • Xoves 14: OBRADOIROS (obradoiros).
  • Venres 15: MÚSICA (xogos musicais).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).